
Candieira: Rede de apoio e promoción das mulleres do Mar de Galicia é un proxecto que ten o obxectivo de reforzar a gobernanza e empoderamento das mulleres do sector pesqueiro mediante a creación unha Rede colaborativa cara a promoción da igualdade das mulleres do mar no ámbito galego, e a través de programas de dinamización e participación activa.
Para iso, levaranse a cabo actividades como encontros locais para a dinamización e activación do proceso de emprendemento e creación da Rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia e laboratorios de emprendemento para o deseño de iniciativas innovadoras nos territorios.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral: Reforzar a gobernanza e empoderamento das mulleres do sector pesqueiro mediante a creación unha Rede colaborativa cara a promoción da igualdade das mulleres do mar no ámbito galego, e a través de programas de dinamización e participación activa.
Obxectivos específicos:
1. Promover unha cultura de traballo en rede, para a promoción de actividades e iniciativas relacionadas coa igualdade de xénero no sector pesqueiro.
2. Coñecer a realidade social do sector, abordando as súas problemáticas e definindo os seus principais retos e prioridades.
3. Reforzar o empoderamento das mulleres a nivel persoal, laboral ou profesional, promovendo unha sociedade, e sobre todo un sector, máis xusto e igualitario.
4. Mellorar a capacidade organizativa e a autoorganización das mulleres do mar a través da implicación propia e dos colectivos formados por estas.
5. Promover unha estratexia de emprendemento feminino que permita mellorar, manter, e reforzar o emprego das mulleres, afondando tamén na mellora das súas condicións laborais.
6. Capacitar as mulleres do mar en diferentes materias relacionadas co seu desenvolvemento persoal e profesional.
7. Intercambiar boas experiencias en materia de igualdade entre os diferentes GALP galegos.
1. Diagnose da realidade social das mulleres do mar nas zonas costeiras.
2. Web e Redes sociais do proceso, que tamén podería ser empregada na Rede.
3. Catálogo de experiencias innovadoras de proxectos emprendidos ou a emprender por mulleres no ámbito das actividades vinculadas ao mundo do mar.
4. Catálogos de recursos para o emprego e o emprendemento das mulleres do mar.
5. Modelos das accións formativas-dinamizadoras vinculadas aos diferentes programas,
6. Constitución da Rede de Mulleres.
1. Encontros locais para a dinamización e activación do proceso de emprendemento e creación da Rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia.
2. Laboratorios de emprendemento para o deseño de iniciativas innovadoras nos territorios.
3. Programa de acompañamento a emprendedores para levar a cabo os proxectos de carácter social o empresaria que xurdan nos laboratorios.
4. Programa de asociacionismo: formación-acción para promover o asociacionismo das mulleres.
5. Encontro final e constitución da rede de apoio ás mulleres no ámbito do mar.
6. Comunicación en web e redes sociais. Portal web.
obxectivo estratéxico: Gobernanza
1. Actuacións de cooperación no seo do sector pesqueiro
2. Promoción da aprendizaxe permanente
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)