
A empresa Mariscos Malliño S. L. dedícase á depuración de moluscos bivalvos e conta cunhas instalación en Sanxenxo. O obxectivo do proxecto consiste na modernización dos medios de transporte da empresa aos efectos de mellorar a competitividade do sector e o aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Contribuír ao crecemento económico da ría de Pontevedra á cohesión social e territorial, e á dinamización da actividade económica.
- Promover a innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da acuicultura, concretamente no transporte.
- Aumento da competitividade e produtividade das empresas do sector e da zona.
- Aumentar as inversións no territorio.
- Mellora da calidade e conservación dos produtos pesqueiros.
- Mellora dos indicadores de eficiencia e rendibilidade da explotación cara a súa sostenibilidade.
Adquirirase un equipo THERMO KING, Serie V, Modelo V-200.20 xa que permite controlar de forma precisa a temperatura do elemento de transporte utilizado para a distribución do produto.
Trátase dunha gama que presenta un impacto medioambiental mínimo grazas a que o compresor do equipo frigorífico acciónase mediante o motor do vehículo, o que lle permite ofrecer un nivel excepcionalmente baixo de ruído e emisións.
Beneficios:
- Protección total da carga con baixos custes de funcionamento.
- A tecnoloxía Direct Smart Reefer permite controlar desde a cabina a temperatura.
- Refrixerante R-452A de serie: a serie V utiliza o refrixerante cun baixo potencial de quecemento atmosférico máis actual sen que o rendemento se vexa comprometido. O impacto medioambiental reducirase.
- Baixo nivel de ruído e emisións de gases de escape nulas que permiten entregar o produto en calquera momento e lugar.
- Servizo e mantemento rápido e rendible. Caracterízase pola facilidade de mantemento
- A instalación sinxela reduce os custes ao mínimo.
Valor engadido sobre o produto Pesqueiro.
1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)