Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Informe 2019 GALP Ría de Pontevedra

 

Xa está dispoñible o Informe 2019 GALP Ría de Pontevedra. Nel, recollemos toda a nosa actividade do pasado ano. Nun exercicio de transparencia, compartimos con todos vós as nosas contas e a distribución do programa de axudas FEMP coa relación de proxectos aprovados e en execución e os proxectos cooperativos desenvoltos en colaboración con outros grupos de acción costeira.

Ademáis, incluimos unha reseña de todas as citas máis relevantes tanto a nivel interno (Asemblea Xeral), como de abertos á cidadanía, como o Foro Activando o Cambio. E iniciativas nos que tomamos parte. como poden ser o programa de concienciación cidadá para a limpeza das cosas Amar o Mar e o programa Remuda Xeracional, que tenta despertar o interese dos xoves polas saídas laborais vencelladas ao mar para garantizar o relevo e desenvolvemento neste sector. Nesta ocasión temos ademáis o orgullo de contar cunha portada moi especial, ilustrada con imaxes do fondo mariño da Ría de Pontevedra recollidos no proxecto documental audiovisual Rías de Vida de Galicia. Sen máis, convidámoste a consultar online a versión dixital do documento!

CONSULTAR EXEMPLAR