Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Modificación da proposta de resolución de axudas

En reunión da Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra celebrada o día 3 de agosto de 2020, con quórum dabondo e, en segunda convocatoria, tratouse na orde do día a revisión da proposta definitiva de aprobación de proxectos presentados á primeira convocatoria de axudas da anualidade 2020 logo da súa devolución.

A xerente expón aos membros presentes da Xunta Directiva que se recibiu a devolución da proposta definitiva de concesión de axudas da primeira convocatoria de 2020. Logo de analizado o documento e revisados os aspectos sinalados no mesmo, a xerencia elaborou un informe e nova proposta técnica de aprobación de proxectos que se somete á consideración da Xunta Directiva:

  • En relación ao proxecto presentado pola S. Cooperativa Gallega del Mar San Miguel
  • En relación ao proxecto presentado por El Percebeiro S. L. (GALP 6 – 152)
  • En relación ao proxecto presentado por Horta Agrelo S. L. (GALP 6 – 162)
  • En relación ao proxecto presentado polo Concello de Marín (GALP 6 – 146)

Os detalles poden consultarse no documento de Certificación de Acordos.

CERTIFICACIÓN DE ACORDOS

Feitas as modificacións e achegas de documentación procedentes, procédese a modificar a proposta de resolución definitiva de aprobación de proxectos segundo se recolle no Anexo 1.

ANEXO 1

A Xunta Directiva acorda publicar a presente proposta de resolución definitiva no taboleiro de anuncios do GALP e na web coa advertencia de que esta non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.