Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra impulsa o remuda xeneracional no sector pesqueiro

O GALP Ría de Pontevedra pon en marcha o proxecto "Remuda xeracional" para informar á mocidade das posibilidades laborais que ofrece o mundo do mar. Con esta iniciativa, levada a cabo grazas aos fondos de dinamización cos cales conta o grupo, o GALP quere promover o interese polo mundo do mar  dende unha perspectiva profesional e laboral que frene a falta de remuda xeracional que o sector pesqueiro ven experimentando nos últimos anos.

Por este motivo o pasado venres o GALP Ría de Pontevedra comenzou no IES de Sanxenxo a súa andaina polos centros educativos do seu territorio para amosar aos alumnos de ESO e Bacharelato as distintas titulacións relacionadas co mar e as saídas profesionais que o mundo do mar ofrece.

Ademais de charlas informativas nos centros, os/as participantes realizarán visitas guiadas a centros de ensino que contan con titulacións relacionadas co mar,como a Escola Marítima de Bueu, o Instituto Marítimo do Atlántico ou o IGAFA,  e con visitas a empresas públicas e privadas para que vexan de primeira man as labores que realizan os traballadores do sector.

Durante o mes de outubro o GALP Ría de Pontevedra visitará o IES de Poio o luns 29, e o IES de Meaño o martes 30. Xa no mes de novembro participarán tamén os centros educativos IES Xunqueira I e o IES Luis Seoane do Concello de Pontevedra, IES Mestre Landín e o IES Illa de Tambo do Concello de Marín e o IES Johan Carballeira do Concello de Bueu. Tras finalizar o proxecto espérase un total de uns 500 alumnos/as.

Dar a coñecer os traballos do mar é unha boa maneira de que os mozos valoren e teñan en consideración esta opción coma una opción de futuro e conseguir así unha remuda xeracional tan necesaria neste sector.