Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Píllaras da Lanzada

Construción de 6 apartamentos turísticos da natureza na Zona da zoa Lanzada a 100 me da praia e a pouco mais de 150 m da Ermida de Nosa Señora da Lanzada (construción pasiva), así como unha tenda exposición de produtos artesanais locais e especialmente relacionados coa pesca artesanal. O proxecto de Pillaras y Ardillas SLL, é o soño de dúas irmáns, que despois de traballar durante anos na hostaleira, agora queren construír o seu negocio co obxectivo principal de crear un produto de aloxamento turístico da natureza, “Píllaras da Lanzada”, innovador, sostible e que dará acceso ao cliente a tódolos aspectos medioambientais, culturais e tradicionais vencellados ao mar e o seu sector pesqueiro, cunha oferta de aloxamento turístico diferente, aproveitando o patrimonio medioambiental da súa zona Pesqueira intentando aportar o súa axuda a mitigación do cambio climático. O proxecto non so busca ofertar un simple hospedaxe, senón que busca a través do seu establecemento e das súas a actividades conseguir que os clientes se poidan sensibilizar co medio ambiente, coñecer e desfrutar a cultura mariñeira e namorarse do seu produto pesqueiro, aspectos que normalmente quedan sen visibilidade para o turismo convencional.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 138
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Píllaras y Ardillas S.L.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade Limitada Laboral
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
05/12/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
10
Anualidades: 
2020
Data fin de execución: 
31/10/2020
Ámbito de aplicación: 

Sanxenxo - Ría de Pontevedra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
610.909,72€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
471.280,76€
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00€
% Subvención: 
45
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
170.000,00
FEMP (%): 
85
CA (€): 
30.000,00
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

A posta en marcha do proxecto vai permitir a construción pasiva duns apartamentos turísticos así como orientar, informar, concienciar e facilitar un turismo responsable. Tamén vai permitir difundir e informar as actividades e ofertas relacionadas cós produtos do mar e de tódolos pobos que conforman o GALP Ría de Pontevedra. Asemade, ofrecerase unha oferta de produtos de calidade relacionados coa pesca artesanal.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Posta en valor da Ría de Pontevedra, concienciación ambiental, aforro enerxético pola tipoloxía construtiva, creación de emprego, incremento da economía da zona, fomentar o coñecemento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras.

Principais actividades do proxecto: 

Construción de apartamentos turísticos (construción pasiva) e tenda exposición.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Impulsar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación dos efectos do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá nestes ámbitos. Apoiar a diversificación dentro ou fora da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego e á mellora do benestar social na zona costeira.

Obxectivo específico da EDLP: 

Promover iniciativas de posta en valor e protección dos recursos naturais, de redución da pegada de carbono e de mitigación dos efectos do cambio climático.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)