Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

POSTA EN VALOR E MELLORA DA ACCESIBILIDADE, PROTECCIÓN DUNAR E DOTACIÓN DE SERVIZOS MÓBILES

O proxecto que se pretende acometer no Concello de Sanxenxo realizase sobre unha zona de hábitats dunar, na cal se proxecta a instalación de pasarelas de madeira para evitar a entrada de persoas nesta zona de modo indiscriminado e habilitar os accesos existentes para canalizar aos usuarios das praias por estes, deste modo contribuirase ao mantemento favorable do estado de conservación da zona dunar. Tamén se realizaran tarefas de eliminación de especies invasoras no ecosistema dunar, e colocación dunha mesa informativa para sensibilizar a poboación sobre a importancia das dunas.

Por outra parte, dotaranse o Concello de dous módulos de baños móbiles adaptados, que se usaran en eventos deportivos, educativos e culturais co obxecto de dar un servizo de calidade os usuarios da costa do municipio e asi lograr unha mellor integración social e inclusión dos asistentes.

O proxecto localizase na costa do Concello de Sanxenxo, para eventos relacionados co mar tipo: regatas (princesa de Asturias), surf, festa da raia, etc.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 224
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Sanxenxo
Datos de interese: 
https://sanxenxo.com/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
22/12/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
1 (2022)
Data fin de execución: 
30/09/2021
Ámbito de aplicación: 

Sanxenxo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
86.297,20 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
80.949,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
64.759,20 €
% Subvención: 
80%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
55.045,32 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
9.713,88 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Este proxecto ten o obxectivo de aumentar a cohesión territorial do municipio dotando de infraestruturas é servicios que aumente a calidade de vida dos seus habitantes e potencien a actividade turística entorno ao mundo do mar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa eliminación de vexetación invasora conseguirase a vexetación propia do ecosistema dunar colonice a duna, recuperando o valor ecolóxico e paisaxístico de dito ecosistema.

  • A pasarela sobre as dunas, cumpre varias funcións como: facer accesible o paseo e a entrada a praia para persoas de mobilidade reducida, facer de barreira para que o trafico rodado non invada a duna, favorecer a conservación da duna xa que canaliza o acceso das persoas por esta e ademais as correntes de area poden seguir circulando por debaixo desta.
  • O valado impide o libre acceso a duna de persoas, favorecendo a conservación do entorno.
  • Os módulos de aseos, dotan de servizos de calidade as praias fomentando o turismo e a limpeza das praias.
  • O panel interpretativo sensibilizara a poboación sobre a importancia das dunas, e a súa contribución a conservación do litoral.
Principais actividades do proxecto: 

As actividades que se levaran a cabo co proxecto resúmense nas seguintes:

Praia de Areas:

  • Colocación de nova pasarela (100 m lineais) bordeando a duna para o acceso a praia. Nesta zona existe un tramo de pasarela en moi malas condicións con táboas rotas, dificultade de acceso, etc. por elo se colocara un tramo totalmente novo.
  • Renovación de pasarela existente (limpeza e lasurado) (160 m lineais). Existe un tramo de duna que esta bordeado por unha pasarela en un estado aceptable de conservación. Para que se siga mantendo en condición óptimas é necesario levar a cabo tarefas de rehabilitación como é a limpeza con hidrolimpadora e aplicación de produto protector da madeira (lasur).
  • Colocación de valado protector dunas (300 m.) Bordeando a pasarela colocase un valado para impedir que as persoas atravesen as dunas, facendo camiños de modo indiscriminado, que alteren a vexetación existente e o bo estado do ecosistema.
  • Eliminación de vexetación invasora do ecosistema dunar. Esta zona dunar esta sendo invadida por plantas que non son propias do ecosistema dunar como pode ser a pita, que probablemente proveña dos xardíns próximos, polo que é conveniente proceder a eliminación deste tipo de vexetación que compite coa vexetación propia do ecosistema.
  • Deseño e colocación de mesa interpretativa sobre ecosistema dunar. O obxecto desta mesa e concienciar as persoas sobre a importancia das dunas e dos seus valores ambientais.
  • Subministro de dous módulos de aseos mixtos para as praias móbiles. Este aseos contribúen a dotar as praias do municipio de servizos de calidade que potencien a utilización dos areais contribuíndo ao aumento e conservación do turismo na vila.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

3. Impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá nestes ámbitos.

Obxectivo específico da EDLP: 

3.2. Promover iniciativas de posta en valor e protección dos recursos naturais, de redución da pegada de carbono e de mitigación dos efectos do cambio climático.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)