
Construcción de planta baixa destinada a un ecoespacio gastronómico (restauración), de concienciación ecolóxica e de benestar integrativo construido baixo os principios de edificación bioclimática, sostibilidad, mínimo impacto ambiental, autosuficiencia, reciclaxe e aproveitamento dos recursos naturais de proximidade, tendo en conta a inclusión e a accesibilidade universal plena.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Crear conciencia da sostibilidade no mundo no que vivimos (terra-mar) e a influencia nel das persoas.
- Creación dunha nova liña de turismo desestacionalizado e moito máis inmerso coa idiosincrasia da Ría de Pontevedra, así como chegar o patrimonio que supón a nosa Ría e os nosos cultivos aos que xa habitan preto deles.
- Crear emprego local de calidade, desestacionalizado e cun percorrido a futuro con formación en temas emerxentes e de importancia.
- Concienciación local e ao turismo da importancia do noso mar e sostibilidade.
- Concienciación dos efectos da nosa contorna sobre o benestar corpo-mente.
- Posta en valor do producto de proximidade (da terra e do mar).
- Turismo inmersivo e experiencial na idiosincrasia das rías galegas e desestacionalizado.
- Emprego local de calidade indefinido.
- Autoemprego.
- Colaboración entre axentes involucrados na folosofía do proxecto en vez de tanto individualismo percibido na actualidade.
- Sentido de compromiso en novos comportamentos de todos aqueles que participen.
- Gastronomía: xirará en torno a materia prima das rias galegas e da horta ecolóxica. A posta en valor do produto, da cercanía, do seu método de cultivo e de extración. Fárase tamén unha vinculación coas D.O. dos viños e productos da terra galegos.
- Alimentos como medicamentos: será en formato almorzo terapéutico onde se farán cornadas de formación teórico-práctica sobre os principios dos alimentos sobre o corpo humano.
- Sesión de yoga-meditación ao carón do mar e o efecto que este ten sobre o corpo en movemento e mente.
- Talleres formativos con recursos do mar e da horta cercana, ampliar os coñecementos sobre técnicas postas en valor e aproveitamento dos recursos do mar e a terra que o rodea.
- Xornadas dinámicas específicas de divulgación e concienciación medioambiental terra e mar. Actividades de descontaminación, formación en aproveitamento de residuos, uso da auga...estas faránse en colaboración con axentes do mar, e ao mesmo tempo dirixido a todos eles, así como ao resto do público en xeral.
- Terapias holísticas de sanación: utilización de materiais que nos brinda a natureza como elementos sanadores. Pedras enerxéticas, madeiras, auga do mar...
- De maneira organizada e unificando tódalas anteriores actividades, faránse retiros de varios días para turismo e cidadáns locais, así como programas formativos e de concienciación prolongados no tempo dividindo por temas e profundidade nos mesmos.
Aumento do valor, creación de emprego, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Conseguir que os produtos do mar e as actividades pesqueiras, marisqueiras e acuicolas sexan un activo e un referente no desenvolvemento económico sostible da Ría de Pontevedra.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

