Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xa podes anotarte nas actividades formativas gratuitas de ASNAUGA

A Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (ASNAUGA) realizará unha serie de cursos gratuitos durante o verán. Estas accións formativas, que contan cunha parte teórica e práctica, están destinadas a traballadores en activo, directivos, persoas desempregadas e todas aquelas persoas que polo seu interese desexen participar nos cursos.


Os seis cursos son sobre:

  • Control de incendios en portos deportivos (12 horas)
  • Manipulación mecánica de cargas (2 horas)
  • Operador/a de plataformas elevadoras (8 horas)
  • Plans de emerxencia e autoprotección (8 horas)
  • RCP e DESA (8 horas)
  • Loita contra a contaminación mariña (10 horas)

Para anotarse é preciso enviar cumprimentada unha ficha de inscrición e enviala a proyectos@asnauga.com antes do 27 de xullo. Cómpre destacar que estas accións formativas deberán realizarse antes do 20 de outubro e para que se leven a cabo deberán cumprir cun mínimo de participantes.

Para máis información poden poñerse en contacto con ASNAUGA no 981 58 01 63. Tamén se pode tramitar a inscrición a través do GALP Ría de Pontevedra.