
Soutomaior posúe un importante patrimonio cultural e histórico ligado ao mar. O río Verdugo verte as súas augas na parte final da ría de Vigo, e crea antes da súa chegada á ponte Romana un amplo esteiro, a cuxo carón pódese atopar un conxunto de muiños, chamados "Os muiños de Daión", enclave que serve de nexo para este proxecto.
Este lugar constitúe un marco idóneo para a posta en marcha de proxectos de mellora e posta en valor da contorna natural e ambiental, de valorización do patrimonio marítimo e fluvial e de posta en marcha de sinerxias de dinamización e participación social no desenvolvemento económico e turístico da zona.
O proxecto pretende paliar algunhas das necesidades e problemáticas detectadas máis significativas:
1. Falta de sensibilización da poboación local para a conservación dos bens naturais e patrimoniais do Concello
2. Escasa sensibilización medioambiental da poboación
3. Escaso aproveitamento dos recursos patrimoniais e naturais a nivel turísticos
4. Falta de materiais para uso divulgativo que amosen o patrimonio do Concello
5. Escasa innovación na promoción turística doutros recursos de gran valor
6. Necesidade de ampliar a oferta de lecer e turística sostible arredor dos recursos do mar e dos ríos
7. Necesidade de reactivar a marca Arcade, apostando por novas fórmulas turísticas sostibles que diversifiquen a actividade económica
A memoria sostible: a paisaxe litoral e fluvial de Soutomaior é un proxecto que aposta por poñer en valor o patrimonio natural e etnográfico, e valorizar a contorna mariña e de ribeira, empregando como fío conductor a zona de Daión, no barrio da Devesa en Arcade, nun enclave onde se unen a terra, os ríos e o mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivos xerais:
1.A protección do patrimonio histórico-etnolóxico do conxunto dos muíños e a súa posta en valor, mediante a sensibilización sobre o seu estado e a proposta de actividades sostibles na súa contorna.
2.Promover e potenciar a difusión do valor paisaxístico e ambiental deste entorno en particular, así coma do litoral do río Verdugo e da ría de Vigo.
3.Mellorar a calidade de vida dos veciños de Arcade e do barrio da Devesa.
4.Poñer en valor ás persoas que manteñen o legado da tradición nun sentido amplo, incluído o do mar no ámbito da cultura, arte, economía e patrimonio.
5.Mellorar o coñecemento do espazo natural protexido marítimo – costeiro.
6.Facer pedagoxía ofrecendo espazos de lecer sostible e compartido que respecten os valores medio ambientais.
7.Poñer en valor o papel da muller.
8.Implantar melloras de benestar social que atendan á diversidade.
9.Aplicar os procesos de dixitalización e tecnolóxicos nas actividades.
- Poñer en valor o patrimonio ambiental.
- Desenvolvemento de proxectos do proxecto de xeito sostible que deixe pouca pegada ambiental.
- Facer un uso responsable do medio para a súa conservación e que en todas as actividades o espazo quede tal como estaba ou mellor do que estaba si é que se observa que hai lixo ou calquera outro recurso que non deba estar nese sitio.
- Elaborar materiais que contribúan a conservar o patrimonio cultural como fonte de identidade da zona, como parte da historia e como fonte de cohesión social para que o proxecto revitalice a zona e impulse o turismo sostible
- Aplicar a tecnoloxía para achegar os contidos do proxecto á xente nova, para familiarizar á xente co uso das TIC e para reducir o impacto do papel, para que o proxecto poida chegar á máis xente a través das redes sociais e de internet, para poder conservar os recursos documentais e favorecer o seu uso noutros momentos e lugares máis aló do días nos que se executen as actividades.
Roteiro "Camiños de auga":Actividade aberta a todos os públicos. Percorrido circular pola zona dos muiños interpretando e amosando diferentes perspectivas e biodiversidade da contorna buscando sempre unha ligazón co mar; identificando elementos da contorna que logo sirvan para a parte artística da actividade, mediante a realización dun caderno de campo a través da arte.
Actividades de divulgación e coñecemento dos hábitats e da flora costeira ameazada. As actuacións “Bioblitzs” (ou descubertas de biodiversidade) guiadas por persoal experto en avifauna, macroinvertebrados, anfibios e flora e saidas para dar a coñecer e divulgar os valores naturais do espazo, e favorecer a aplicación mediante a educación ambiental. Destinado a todos os públicos.
Actividade de divulgación ambiental “O Litoral de Soutomaior e o río Verdugo: un refuxio natural para especies en perigo”: Charlas divulgativas en centros educativos do Concello de Soutomaior sobre os valores naturais da Enseada de San Simón, as augas mariñas e continentais de Soutomaior e algunhas das especies que albergan (anguía e camarón), principais ameazas deste tipo de ecosistemas e conservación. Mostra de artes e aparellos de pesca artesanais empregados tradicionais na captura de especies comerciais da zona. Visitas co alumnado á Praia dá Xunqueira e a súa contorna, e talleres científicos sobre a biodiversidade de flora e fauna a zona.
Actuacións de voluntariado ambiental para a mellora de hábitats: Xornadas dirixidas a visitantes, poboación local e centros de ensino que estarán centradas na mellora de hábitats de ribeira e intermareal con actuacións como eliminación de invasoras, limpezas de lixo en praias e areais, etc.
Programa de voluntariado ambiental. Contempla accións de restauración, principalmente na erradicación e control de especies exóticas invasoras e no fomento dos hábitats prioritarios e de especies ameazadas. Crear espazos de participación desde o ámbito do voluntariado ambiental é de especial interese xa que, alén de dar a posibilidade de colaborar na conservación do medio, ofrécese unha excelente oportunidade para divulgar problemáticas ambientais diversas e aprender desde a práctica. Este tipo de actuacións cidadás, baixo a supervisión de persoal técnico, posibilita que as persoas acheguen o seu grao de area no estudo e conservación do medio natural.
Actuacións de mellora de hábitats a desenvolver:
- Limpezas de lixo no entorno das áreas de intervención. Algunhas destas zonas, como a praia da Xunqueira ou Matilde, teñen a problemática, estendida a todo o litoral, do lixo mariño. Coa finalidade de mellorar o seu hábitat e mantelo nas mellores condicións ecolóxicas realizaranse limpezas de plásticos nas mesmas, sempre en pequenos grupos para evitar a pisada e baixo a supervisión de persoal técnico.
- Eliminación de especies alóctonas invasoras: As paisaxes e hábitats da zona litoral están entre os máis agredidos pola presenza de especies de carácter invasor.
Para complementar os resultados de eliminación de EEI, faise necesaria a repoboación con especies autóctonas, para o cal sería adecuado xornadas de plantación. Para isto, empregaranse pés certificados e escolleranse as especies en función do hábitat máis acaido, previo estudo.
Formación específica: Xornadas formativas dirixidas a fomentar un uso sostible e ambiental da ZEC Enseada de San Simón, do esteiro e do río Verdugo.
Curso de formación teórico-práctico para o persoal do concello que teñan relación coa xestión das especies invasoras (técnico medio ambiente, persoal de servizo e infraestruturas, xardíns, así como profesorado de centros de ensino...): persoal do Concello (técnico medio ambiente, parques e xardíns, profesorado).
Paneis interpretativos: Deseño e creación de contidos, ilustracións e pezas de vídeos accesibles a través de QR para crear uns paneis interpretativos.
Xornada ecofeminista para visibilizar ás mulleres nas tradicións galegas desde o rural ata o mar. A actividade está dividida en varias liñas de actuación, unha primeira de investigación con visión ecosocial e ecofeminista nas tradicións galegas dende o rural ata o mar, outra de traballo colaborativo con outras agrupacións ou asociacións de oficios tradicionais do rural e do mar, outra de cantareiras galegas, regueifa e poesía improvisada con visión ecolóxica e social.
Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático
Obxectivo específico 3.2.: Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.
Actuación 3.2.1: Promoción de proxectos sostibles que poñan en valor e promovan a conservación dos espazos de protección medioambiental (Parque das Illas Atlánticas, Rede Natura...) e a
xestión sostible e os valores da pesca costeira artesanal
Actuación 3.2.1.: Plan de recuperación de rutas costeiras e sendeiros litorais sostibles que permitan a posta en valor dos elementos do patrimonio medioambiental
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

