
O proxecto desenvolve os traballos e actividades necesarias para o acondicionamento da contorna do Forno de Cal no lugar de Punta da Travesada en Santo Adrán de Cobres, Concello de Vilaboa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Dinamización local recuperando unha contorna cun gran valor paisaxístico, patrimonial e arquitectónico e facer desta zona un punto clave de fomento do turismo e da oferta patrimonial deste Concello, favorecendo a sectores económicos da zona tales como o sector turístico e hostaleiro da zona.
Promover o desenvolvemento sostible, poñendo en valor o patrimonio ambiental, cultural e mariñeiro da contorna e beneficiar ao o conxunto do sector pesqueiro e da acuicultura.
Efectuar un impacto ambiental positivo tanto a nivel de eliminación e tratamento dos residuos, de mellora da paisaxe e do hábitat natural.
A localización neste punto de novas tecnoloxías da información (TIC) e a súa divulgación entre a veciñanza.
Favorecer a accesibilidade de todos os colectivos, con especial incidencia das persoas con discapacidade física e intelectual.
Creación dun espazo amable, promovendo o benestar de todas as persoas, independentemente do seu xénero.
Creación dun espazo único na contorna, punto de atracción da actividade cultural, hosteleira e turística do Concello.
Desestacionalización do turismo, xa que as actividades poderán levarse a cabo durante todo o ano. Fomentarase un turismo sostible, como exemplo de explotación dos recursos endóxenos; aproveitando o fantástico potencial desta área no tocante a biodiversidae e paisaxe.
A actuación resultará nun espazo amable, no que todo o mundo teña o seu lugar; promovendo o benestar de todas as persoas, independentemente do seu xénero, e das suas capacidades físicas e intelectuais, utilizando pola meirande parte da veciñanza e por diferentes asociacións de diverso obxecto.
Mellora do ecosistema existente, xa que se elimininarán posibles especies invasoras e un punto de vertedoiro de materiais.
Familiarización dos usuarios coas tecnoloxías TIC neste tipo de espazos. A cidadanía tomará conciencia do patrimonio cultural e natural que ten ao alcance da man (espazos LIC e ZEC). Posta en valor do patrimonio mariñeiro e cultural, redundando nun beneficio ao sector pesqueiro
1.Eliminación e limpeza da zona de vertedoiro
2.Fomento da mobilidade sostible
3.Mellora de camiños e praza
4.Mellora da iluminación da zona
5. A execución dun pequeno escenario, un “auditorio natural” ,integrado no terreo e en materias da contorna para a realización de eventos, charlas formativas
6. A montaxe dun conxunto de letras, co nome do Concello de Vilaboa
7. A divulgación do patrimonio mariñeiro da contorna do Forno do Cal
8. Xornada de presentación do proxecto
OE4: Fomentar o benestar social e o patrimonio cultural das zonas pesqueiras e e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
4.1 Fomento do patrimonio cultural material e inmaterial
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

