Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

REMODARÍA: PATRIMONIO, COSTA E FUTURO

Con este proxecto preténdese acadar a continuidade entre xeracións, a memoria viva das traiñeiras e o impulso das novas modalidades costeiras que abren horizontes de futuro a adquisición de embarcacións de remo de mar, ergómetros, encoders, speedcoach, dron e cámaras.

Está prevista a creación dun laboratorio de tecnificación dixital, o programa "Primeira remada" para escolares, o programa "Mulleres ao Mar" e a realización dunha mesa redonda interxeracional e de actividades ambientais. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Sociedade Deportiva Samertolameu
Datos de interese: 
https://samertolameu.gal/
Perfil empresarial: 
Sociedade Deportiva
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
11/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Ría de Vigo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
114.520,67€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
113.318,88€
Total axuda pública aprobada (€): 
113.318,88
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
79.323,22€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
33.995,66€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

REMODARÍA busca preservar o patrimonio cultural do remo tradicional mediante o reforzo das regatas de traiñeiriñas, actividades interxeracionais e a difusión da cultura mariñeira como patrimonio material e inmaterial.

Pretende introducir e consolidar o remo costeiro coa adquisición de embarcacións específicas, tecnoloxía de seguimento e a creación da primeira Regata/Exhibición de Remo Costeiro da Ría de Vigo.

O proxecto impulsa a igualdade a través do programa Mulleres ao Mar, grupos femininos e mixtos e unha Comisión de Igualdade 50/50, respondendo ás fendas detectadas no remo tradicional e especialmente no remo costeiro.

Promóvese a educación ambiental e a transición ecolóxica mediante actividades formativas, uso de enerxías renovables e medidas de economía circular. Ademais, foméntase a tecnificación dixital con ergómetros en rede, encoders, dron e análise en tempo real.

Finalmente, dinamízase o territorio con programas escolares, regatas e actividades abertas que fortalecen a común.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

REMODARÍA prevé un forte impacto deportivo, social, ambiental e territorial. 

O proxecto permitirá introducir e estabilizar o remo costeiro, creando grupos de adestramento e celebrando a primeira regata da Ría de Vigo.

No ámbito educativo, máis de 200 escolares participarán en actividades formativas e crearase un arquivo audiovisual de memoria oral que reforzará a identidade mariñeira.

En materia ambiental, reduciranse emisións grazas ao panel solar, á tecnoloxía dixital e ás medidas de economía circular. 

A desestacionalización e dinamización territorial mediante regatas en maio e outono, atrae clubs, deportistas, afeccionados .. 

Principais actividades do proxecto: 

Adquisición de material esencial para o adestramento e a competición: 12 ergómetros para remo indoor, 4 encoders para análise de forza, embarcacións de remo de mar (2 skiff, 1 doble e 1 catro), remos específicos, carros de transporte e caballetes plegables, 4 speedcoach, un dron, unha cámara deportiva e dispositivos de cronometraxe,  un depósito de recollida de auga de choiva, bidóns e botellas reutilizables, así como un panel solar fotovoltaico portátil para cargar dispositivos electrónicos con enerxía renovable.O proxecto incorpora tamén material de accesibilidade, como cartelería en braille e unha pechadura electrónica.

O laboratorio de tecnificación dixital permitirá analizar a técnica con dron e cámaras desde terra e embarcación, realizar seguimento en tempo real con speedcoach e rexistrar adestramentos en ergómetros. 

Creación dn arquivo audiovisual que servirá tanto para mellorar a aprendizaxe como para conservar memoria deportiva e cultural.

O programa PRIMEIRA REMADA, dirixido a escolares da contorna, que combina visitas ao club, obradoiros de remo indoor nos centros educativos e actividades ambientais na enseada de Meira. 

O programa MULLERES AO MAR ofrece dous meses de clases gratuítas, grupos femininos e mixtos, mentoría interxeracional e campañas de visibilización, reforzando a igualdade e a participación feminina. 

A mesa redonda “O REMO QUE NOS UNE” reunirá deportistas veteráns e categorías base para debater sobre tradición, evolución e futuro do remo, xerando contido audiovisual para arquivo de memoria oral.

Regata de Traiñeiriñas en maio, fóra da tempada estival, contribuíndo á desestacionalización económica. 

Regata/Exhibición de Remo Costeiro da Ría de Vigo, en outono, aberta a deportistas federados de toda España. 

Actividades medioambientais que darán a coñecer as condicións do ecosistema mariño e os efectos das modificacións producidas pola acción do home, o cambio climático e a contaminación para que os asistentes tomen conciencia da necesidade de reducir as emisións de CO2 e optar por un modelo mais sustentable.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas devanditas zonas.

Obxectivo específico da EDLP: 

Mellorar a competitividade dos sectores tradicionais da economía azul, como son a pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, a través da colaboración con outras actividades vinculadas a ela

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)