
Villa Socorro é un proxecto turístico que nace co obxectivo de rehabilitar dúas vivendas tradicionais en ruínas no núcleo rural de A Granxa (Baiona), para convertilas en apartamentos turísticos sostibles. A iniciativa busca por en valor o patrimonio arquitectónico vinculado á tradición agrícola e pesqueira da zona, combinando o respecto pola identidade local coa incorporación de solucións modernas de eficiencia enerxética e automatización.
A actividade principal será a xestión de aloxamentos turísticos de curta estancia, ofrecendo unha experiencia única baseada na autenticidade, o confort e o respecto polo patrimonio. A finalidade é ofrecer un aloxamento auténtico e de calidade, contribuíndo ao desenvolvemento do turismo rural, actividades culturais, naturais e gastronómicas, á dinamización económica do territorio e á promoción dos produtos e servizos locais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Villa Socorro ten como finalidade global a creación dunha oferta turística sostible, integrada no medio rural e ligada á identidade mariñeira do territorio. Para acadar esta finalidade, formúlanse os seguintes obxectivos:
- Rehabilitación e conservación do patrimonio arquitectónico rural. Recuperar dúas vivendas tradicionais en estado de ruina, mantendo os elementos estruturais e estéticos orixinais. Utilizar materiais naturais e técnicas construtivas respectuosas coa tipoloxía tradicional galega.
- Creación de aloxamentos turísticos de calidade no rural. Converter os inmobles rehabilitados en tres apartamentos turísticos amplos, confortables e adaptados á demanda actual. Dotar as instalacións de sistemas modernos de confort e eficiencia enerxética, sen perder o carácter histórico dos espazos.
- Posta en valor da identidade mariñeira e do patrimonio cultural local. Incorporar unha estética mariñeira no deseño interior dos apartamentos, evocando a tradición pesqueira de Baiona. Integrar o proxecto na oferta turística cultural da zona, promovendo rutas, actividades e produtos vinculados ao mar.
- Impulso do turismo sostible e da economía circular. Incorporar sistemas de domótica e enerxías renovables para reducir a pegada ambiental do proxecto. Fomentar a reutilización e restauración de elementos propios das vivendas orixinais. Establecer colaboracións con provedores locais e empresas do territorio para favorecer o consumo de proximidade.
- Dinamización do tecido socioeconómico do territorio. Xeración de actividade indirecta nos sectores da construción, carpintería, subministracións, servizos turísticos e agroalimentarios. Establecemento de redes de colaboración con entidades públicas e privadas para a promoción conxunta da zona.
- Diversificación da oferta turística de Baiona e do Val Miñor. Ofrecer un produto turístico diferenciado, orientado a visitantes que buscan tranquilidade, autenticidade e conexión co medio natural. Contribuír á desestacionalización da actividade turística e ao reforzo da imaxe de Baiona como destino sostible e de calidade.
1. Recuperación do patrimonio arquitectónico tradicional. Rehabilitación integral de dúas vivendas en estado de ruina no núcleo rural de A Granxa, conservando a súa identidade histórica e converténdoas en inmobles produtivos con uso turístico.
2. Creación dunha oferta de aloxamento turístico sostible e de calidade. Posta en funcionamento de tres apartamentos turísticos totalmente equipados, que combinarán tradición, confort moderno e eficiencia enerxética, adaptados á demanda actual do mercado.
3. Impulso do turismo mariñeiro e rural no Val Miñor. Integración do proxecto nun modelo turístico baseado na identidade pesqueira de Baiona, promovendo rutas, experiencias gastronómicas e actividades relacionadas co mar e coa cultura local.
4. Dinamización da economía local e xeración de actividade indirecta. Activación de sectores como a construción, carpintería, subministracións, limpeza, hostalería, turismo activo e comercio local grazas á colaboración con provedores e profesionais da zona.
5. Poñer en valor o produto local e os servizos do territorio. Fomento do consumo de produtos autóctonos (viño, mel, queixos, conservas, marisco…) mediante degustacións, recomendacións e experiencias complementarias para as persoas aloxadas.
6. Promoción da mobilidade sostible e do turismo activo. Creación de rutas en bicicleta eléctrica e actividades como quads e sendeirismo, favorecendo a descuberta do territorio sen impacto ambiental e promovendo hábitos saudables.
7. Fomento da igualdade de oportunidades e participación das mulleres. Promoción específica da participación feminina nas actividades de turismo activo, visibilización da súa presenza e uso de comunicación inclusiva e non sexista en todos os materiais do proxecto.
8. Aumento da visibilidade e posicionamento turístico de Baiona. Contribución á imaxe de Baiona como destino turístico sostible, diferenciador e atractivo para viaxeiros que buscan experiencias auténticas, culturais e respectuosas co medio.
9. Desestacionalización da demanda turística. Oferta orientada a un público que busca descanso e desconexión durante todo o ano, contribuíndo a unha ocupación máis repartida no tempo e reducindo a dependencia da tempada alta.
10. Concienciación sobre o valor do patrimonio e a sustentabilidade. Sensibilización dos visitantes sobre a importancia de conservar a arquitectura tradicional, consumir local e practicar un turismo responsable e comprometido co territorio.
1. Rehabilitación e adecuación de vivendas tradicionais. Obras de recuperación estrutural e acondicionamento de dúas edificacións en ruínas, respectando a súa tipoloxía tradicional. Instalación de sistemas de eficiencia enerxética (climatización sostible, illamento, iluminación LED, domótica...). Dotación de mobiliario con materiais naturais, en especial madeira galega, grazas á colaboración co Instituto Galego da Madeira.
2. Deseño interior con identidade mariñeira. Ambientación e decoración baseada na cultura pesqueira da vila de Baiona, con elementos inspirados no mar: redes, cordas, madeira lavada, azuis suaves e iconografía tradicional.
3. Creación dunha oferta de turismo activo e vivencial. Rutas turísticas en bicicletas eléctricas, con percorridos accesibles pola contorna rural e costeira, fomentando o ecoturismo e a mobilidade sostible. Rutas en quads, en colaboración con empresas da zona, con especial promoción do uso por parte de mulleres, rompendo estereotipos de xénero en actividades de aventura. Rutas gastronómicas mariñeiras, que inclúen visitas a mercados locais, confrarías, e restaurantes que traballan produto do mar da zona. Degustacións de produto local, organizadas de forma periódica nos propios apartamentos ou en espazos asociados, ofrecendo queixos, viños, conservas, pan, mel ou marisco da ría.
4. Divulgación turística e interpretación do territorio. Creación de materiais informativos (mapas, guías, audioguías) sobre a historia, a paisaxe e os valores culturais e ambientais de A Granxa e Baiona. Promoción de experiencias culturais integradas: visitas a museos locais, festivais, actividades mariñeiras e eventos gastronómicos.
5. Campañas de sensibilización e promoción da igualdade. Actividades dirixidas a visibilizar e favorecer a participación das mulleres no turismo activo, promovendo a súa presenza tanto como usuarias como profesionais. Uso de linguaxe inclusiva e imaxes non estereotipadas na comunicación do proxecto. Inclusión de elementos de accesibilidade e deseño universal.
6. Promoción e comunicación do proxecto. Presenza en plataformas de aloxamento (Airbnb, Booking, Expedia) e creación dunha páxina web propia. Publicación de contidos en redes sociais e colaboración con axentes turísticos locais para a comercialización da oferta. Accións conxuntas con concellos, GALP, oficinas de turismo e empresas da contorna para a difusión da marca Villa Socorro.
Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas devanditas zonas.
Obxectivo específico 2.1: Mellorar a competitividade dos sectores tradicionais da economía azul, como son a pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, a través da colaboración con outras actividades vinculadas a ela.
Actuación 2.1.4.: Promoción de proxectos de hostalería rural costeira que poñan en valor o patrimonio e a cultura mariñeira, que leven
aparelladas medidas de eficiencia enerxética e de sostibilidade ambiental.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

