Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROGRAMA VEN VER: VISITA AULA SOSTIBLE DO FREIXO

Intercambio de experiencias en torno a Aula Sostible do Freixo.
Como explicamos hai uns días, o noso programa de animación VEN VER ten unha dobre variante: podemos desprazarnos a coñecer formas de actuación que teñen éxito noutros territorios, ou podemos traer experiencias doutros territorios, para dalas a coñecer aos nosos promotores, como sucedeu o 14 de abril.
Ese día recibimos a distintas entidades de inclusión con experiencia en proxectos de economía circular de distintos territorios para que establecesen sinerxías e lazos de colaboración coas entidades participantes no noso centro de transformación do lixo mariño.
Así no náutico do Freixo tivemos a ocasión de coñecer en detalle os seguintes proxectos:
-Diversiplas, promovido pola Asociación Integro de Costa da Morte.
-Ártabro inclusivo promovido polos concellos de Fene, Narón e Ferrol, e as entidades Aspanex e Saude Mental Ferrol. Amecomar promovido pola Asociación Bata, Amegrove e o Concello do Grove.
E de formalizar contactos con outras entidades interesadas como a Asociación de redeiras o Fieital, as redeiras da Illa de Estrela de Corme ou a Asociación In-Red.
Agradecemos a Xavier Picos de Aspaneps , Rosa Carballo do Galp Ría de Arousa e a Tania e Lucila de Integro as súas exposicións.
Acto seguido démoslle a coñecer a nosa Aula Sostible do Freixo, do que Ana Belén Queiro da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro, e Teresa Abuyn da Misela realizaron unha detallada exposición.
· E finalmente realizamos unha visita ao Estaleiro Ciprián, museo da carpintería de ribeira, un atractivo proxecto de recuperación do patrimonio, apoiado polo noso GALP Costa Sostible.
Moi agradecidos por unha visita tan produtiva!