Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DA TRAZABILIDADE DOS PRODUTOS MEDIANTE A DIXITALIZACIÓN DO PROCESO

DESCRICIÓN DO PROXECTO

O proxecto consiste na mellora da trazabilidade dos produtos da cetaria e da depuradora.

Ademais tamén se mellora a atención o cliente xa que mediante o software realizarase a venta mais rápido e terán unha maior información e mais clara acerca do produto que esta comprando.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Gabriel Lestón Romero
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
18/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
2
Anualidades: 
2023
Data fin de execución: 
20/12/2023
Ámbito de aplicación: 

Concello de Carnota

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
14.159,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
14.159,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
7.079,50 €
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
4.995,65 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
2.123,85 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os obxectivos do proxecto son:

Mellorar a seguridade alimentaria.

Conseguir unha mellor atención ao cliente.

Ter unha maior sostibilidade.

Mellorar a calidade dos produtos.

Conseguir unha maior reputación para a empresa.

E o cumprimento das normas regulatorias esenciais.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa mellora da trazabilidade conseguirase:

Seguridade alimentaria: a rastrexabilidade permite un seguimento mais preciso dos produtos marítimos, facilitando a identificación e eliminación dos produtos contaminados ou perigosos do mercado. Isto reduce o risco de brotes de enfermidades transmitidas por alimentos e protexe a saúde dos consumidores.

Sostibilidade: a mellora da trazabilidade permite un control mais eficaz das practicas pesqueiras e unha xestión mais sostible dos recursos mariños.

Calidade do produto: cunha trazabilidade mais precisa, pódese garantir a frescura e calidade dos produtos marítimos. Isto e fundamental para manter a calidade e a reputación dos produtos mariños, onde os consumidores buscan produtos de alta calidade.

Reputación da industria: a transparencia na cadea de subministración e a mellora da trazabilidade contribúen a unha reputación positiva da industria pesqueira e marítima. Isto pode abrir portas a novos mercados e oportunidades de negocio.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste na mellora da trazabilidade dos produtos e da atención o cliente mediante a dixitalización do proceso de venda.

Isto conseguirase mediante a instalación dun software que permitira realizar a etiquetaxe e a trazabilidade dos produtos da depuradora de marisco, o mesmo software xerará os albaráns para súa posterior facturación. Para implementar este software será necesario:

- Unha tablet de 15 polgadas, na que se realizaran os pedidos desde o mesmo punto de venta, o cal permitira un aforro de tempo. Desde a mesma tablet, tamén se confeccionaran as etiquetas de trazabilidade.

- Unha impresora de transferencia térmica, con cortado rotativo a cal emitira as etiquetas de trazabilidade dos produtos.

- Unha impresora de tickets térmica a cal emitira os albaráns de venta.

- Un SAI o cal permitira que a actividade non pare no caso de que non se dispona de subministro eléctrico.

Tamén se instalara un software que permitira a creación de documentos e albaráns con transferencia de datos o software de facturación desde os camións de reparto da empresa. O mesmo software realizara a guía de transporte dos produtos o cal proporciona unha maior trazabilidade dos mesmos. Para implementar este software será necesario:

- Dúas tablets de 10 polgadas (unha para cada camión de reparto), na que se realizaran os pedidos os albaráns e as guías de transporte.

- Dúas impresoras térmicas (unha para cada camión de reparto) a cales emitiran os albaráns de venta.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector da pesca, aumento de valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de mozos e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos  e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.3.4. Implantación de sistemas de trazabilidade e/ou calidade e seguridade alimentaria.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)