O Galp Costa Sostible (do que forman parte os concello de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son) ven de promover cursos de formación especializados en Turismo Mariñeiro, para que os profesionais do marisqueo a pé e pesca turismo poidan capacitarse e obter un complemento económico á súa labor diaria, facendo visitas nas que amosen aos visitantes como é o seu traballo e a súa forma de vida.
Na modalidade de marisqueo a pé temos 4 cursos de 20 persoas, e no caso de pescaturismo haberá 2 cursos de 10 prazas cada un. A estrutura de ambos é similar, e divídese en tres módulos
- Módulo de formación (impartirase de forma intensiva durante unha semana, en horario de mañá ou de tarde).
- Módulo de titorías especialidades.
- Módulo práctico para levar a cabo unha experiencia de turismo mariñeiro xa en funcionamento en Galicia.
Os cursos de Turismo Mariñeiro presentaranse en dúas xornadas, que terán lugar o vindeiro 8 de febreiro no seguinte horario e lugares:
- Ás 16:30 horas nas instalacións do Galp en Noia.
- Ás 19:00 horas na Lonxa de Muros.
Para máis información, pódese contactar co GALP Costa Sostible no seguinte enderezo:
Rúa Espírito Santo,4
15.200 - Noia (A Coruña)
Teléfono: 981 822 754 / email: xerencia@costasostible.com
Achegamos as ligazóns para insrición aos cursos:
TURISMO MARIÑEIRO A PÉ
FORMULARIO DE INSCRICIÓN. CURSO TURISMO MARIÑEIRO MARISQUEO A PÉ (google.com)
PESCATURISMO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN. CURSO DE PESCATURISMO (google.com)