Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

DIXITALIZACIÓN DAS CONFRARÍAS DO GALP COSTA SOSTIBLE

Implantación dos servizos de administración electrónica nas confrarías de pescadores de Noia, Portosín, Fisterra, Lira e Corcubión.

A sede electrónica, rexistro electrónico e plataforma de tramitación conforman os servizos da administración electrónica e ofrecen un  medio para que os cidadáns, empresas e partes interesadas interactúen coas confrarías de forma eficiente, transparente e áxil.

Estes servizos buscan entre outros acadar no territorio e os seus cidadáns mellorar en termos de:

-Accesibilidade e confort.

Acceso en liña 24x7: os usuarios poden realizar trámites e acceder aos servizos en calquera momento sen restricións horarias.

Facilitar o acceso dende calquera lugar, eliminando a necesidade de desprazarse fisicamente ás dependencias públicas.

Deseño amigable: a interface debe ser intuitiva e fácil de usar, garantindo que os usuarios de todas as idades e niveis de habilidade tecnolóxica poidan navegar e completar trámites sen dificultade.

-Eficiencia administrativa.

Redución da burocracia: simplificar e axilizar os procesos administrativos, eliminando a necesidade de trámites presenciais e de presentación de documentos en papel.

Automatización de procesos: uso da tecnoloxía para automatizar tarefas administrativas repetitivas, permitindo aos empregados das confrarías centrarse en actividades máis estratéxicas.

Redución dos tempos de espera: minimizar os tempos de espera dos usuarios eliminando os procesos manuais e axilizando a tramitación electrónica.

Notificacións electrónicas: permite aos usuarios recibir notificacións electrónicas sobre o estado dos seus trámites e solicitudes.

-Seguridade e Privacidade.

Protección de datos personais: asegúrese de que os datos personais dos usuarios se traten de forma segura e cumpran coa  normativa de protección de datos.

Autentificación e autorización seguras: implemente métodos de autentificación fortes para garantir que só os usuarios autorizados teñan acceso á información e aos servizos.

-Transparencia e no goberno.

Acceso á información pública: proporcionar acceso en liña á información pública, documentos e rexistro de forma transparente.

Notificación de decisións: informar aos usuarios sobre as decisións que lles afecten.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Noia, Confraría de Pescadores de Corcubión, Confraría de Pescadores de Fisterra, Confraría de Pescadores de Lira e Confraría de Pescadores de Portosín
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Confrarías
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
18/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2023-2024-2025
Data fin de execución: 
31/03/2025
Ámbito de aplicación: 

Territorio do Galp Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
91.915,30 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
91.915,30 €
Total axuda pública aprobada (€): 
91.915,30 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
64.340,71 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
27.574,59 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Facilitar o acceso: A sede electrónica busca habilitar nas confrarías dunha plataforma en liña que permite realizar trámites dunha forma máis cómoda e eficiente.

Simplificar os procesos administrativos: Reducir a burocracia e axilizar os trámites administrativos, eliminando a necesidade de trámites presenciais e en papel. Isto aforra tempo e recursos tanto para os usuarios como para as confrarías.

Mellorar a transparencia e a comunicación: Proporcionar unha canle de comunicación transparente entre os cidadáns/empresas e as confrarías. Os usuarios poden acceder á información actualizada, seguimento de procedementos e notificacións electrónicas.

Aumentar a eficiencia e a produtividade na gobernanza e coxestión pesqueira: mediante a automatización dos procesos e o uso da tecnoloxía dixital, as confrarías poden mellorar a súa eficiencia administrativa e prestar un mellor servizo, reducindo os tempos de resposta e os erros humanos.

Contribuír á redución da pegada de carbono.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Maior accesibilidade: acceso máis sinxelo e cómodo aos servizos das confrarías. Isto inclúe a posibilidade de completar transaccións en liña ás 24 horas do día, os 7 días da semana, desde calquera lugar con acceso a internet.

Eficiencia operativa: redución dos tempos de tramitación e promover os procesos administrativos sexan máis eficientes coordinando os recursos e tarefas de forma maís eficaz.

Transparencia: maior transparencia na xestión e gobernanza das confrarías. Os usuarios deberán poder acceder á información pública e o estado dos seus trámites e expedientes de xeito máis rápido e sinxelo.

Fortalecemento das competencias dixitais no territorio: a inclusión de ferramentas tecnolóxicas nos órganos de goberno locais.

Redución da pegada de carbono.

Principais actividades do proxecto: 

Entre as accións a desenvolver se atopan as seguintes:

-Configuración do equipos habilitados para a atención ao público. Instalación e posta en marcha dos dispositivos para a recollida da firma biométrica.

-Persoalización e posta en marcha da Administración Electrónica.

Posta en funcionamento: Publicación dos servizos e configurar servidores.

Carga de datos inicial.

-Consultaría e soporte aos usuarios da plataforma de tramitación.

Planificación: nesta fase defínese o alcance do proxecto, establécense os obxectivos e identifícanse as necesidades e procedementos específicos que deberán ser implementados na sede electrónica.

Deseño e modelado dos procedementos administrativos: créase un deseño personalizado par cada confraría da sede electrónica e modelaranse os procedementos adminsitrativos.

Formación no uso da plataforma de tramitación dirixido ao persoal administrativos das confrarías.

-Integración de Xesmar coa sede electrónica.

Integrar Xesmar coa sede que se habilite un canal de operacións adicional que permita o rexistro de solicitudes de trámites simples ou máis habituais en confrarías coa plataforma dispoñible.

-Monitorización dos servizos.

Monitorización para: garantir a súa dispoñibilidade  e seguridade. Realizándose actualizacións periódicas e dando soporte técnico aos usuarios da plataforma de tramitación.

-Accións de divulgación e soporte a usuarios da sede.

Divulgación do proxecto a través da páxina web das confrarías, plataforma Xermar, redes sociais  e documentos informativos onde se indicará o apoio dos fondos FEMPA.

Xornadas divulgativas do proxecto dirixidas a todas as partes interesadas en interactuar coa sede das confrarías, cidadanía, empresas e público en xeral.

Sesións formativas para usuarios da sede: dirixidas aos potenciais usuarios activos da sede (socios, provedores, consultarías,…). As sesións formativas serán impartidas nos momentos do ano onde sexa máis probable a interacción dos interesados coa sede (inición de campaña, renovación de carnés, etc.

-Monitorización e mellora continua.

Nesta etapa recolleranse datos sobre o uso da sede electrónica e realizaranse avaliacións periódicas para identificar áreas de mellora, emitir campañas de formato de uso da sede, etc. Estes achados utilizaranse para mellorar a plataforma e os servizos.

O proxecto aporta beneficios en cuestións de accesibilidade, sostenibilidade e eficiencia tanto para as confrarías como para o colectivo de cidadáns, pescadores e entidades do territorio polo consideramos constitúe un proxecto transversal con beneficio colectivo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector da pesca. Aumento de valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de mozos e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local par a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.4.2. Dixitalización dos procesos administrativos e de prestación de servizos  das entidades do sector pesqueiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)