Proxecto consistente na execución dun cámping de bungalows para reforzar a contorna da Mariña-Ortegal como destino turístico en conexión co recurso mariñeiro, un turismo sostible que coñeza a natureza e a respete, unha notoriedade dos alimentos do mar xunto con accións para poñer en valor o patrimonio cultural e inmaterial do mar, favorecendo a inclusión de persoas con discapacidades e apostanto por un turismo sostible e non masificado. Dende o cámping aproveitaranse os recursos turísticos que hai na zona, destacando os recursos mariñeiros, praias, Camiño do Mar, actividades acuáticas e gastronomía, acandando obxectivo da diversificación e unha maior notoriedade do recurso
mariñeiro na contorna. Coa xestión de residuos na zona de recepción, xunto coas placas solares e aerotermia, apoiarase a loita contra o cambio climático. Mediante planos hápticos, os bungalows e as zonas adaptadas, garantirase a accesibilidade a persoas con necesidades especiais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Aproveitamento dos recursos turísticos que hai na zoa, destacando os recursos mariñeiros turísticos, praias, Camiño do Mar, actividades no mar, gastronomía...
- Diversificación e unha maior notoriedade dos recursos mariñeiros.
- Loita contra o cambio climático e concieciación ós hospedes sobre este tema.
- Inclusión de persoas con capacidades especiais mediante planos hápticos (braille) nos bungalows e as zoas adaptadas para discapacitados.
- Diversificación de actividades na Mariña-Ortegal o ofrecer no camping actividades alternativas con respecto a regla xeral.
- Incremento da notoriedade dos recursos turísticos mariñeiros, dende a gastronomía ata o patrimonio inmaterial da Mariña-Ortegal.
- Incremento de enerxías limpas e mais eficientes para concienciación da loita contra o cambio climático.
- Inclusión das persoas con discapacidades especiais.
- Paquetes turísticos compostos por unha estancia e clases e surf.
- Rutas guiadas pola contorna explicando os recursos mariñeiros, flora e fauna, toponimia mariñeira...
- Paneis informativos con código QR cos recursos mariñeiros de barreiros, praias, cantís, flora, fauna...
- Planos hápticos persoas cegas.
- Tenda gourmet dentro da recepción, onde se poderán comprar produtos de proximidade, Km 0, é en especial produtos mariñeiros, conservas, doces...
- Degustación de productos mariñeiros.
- Venta de libros relacionados coa temática mariñeira.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXETIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

