Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MAREAS DE DIVERSIÓN EN CAMIÑA

O proxecto  Mareas de diversión en Camiña  baséase no enfoque dos recursos mariños para fomentar e favorecer a participación e a inclusión das persoas con diversidade no entorno marítimo e costeiro da Mariña.  
Con dito programa, preténdese fomentar a integración social a través de actividades que permitan a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, gozar do mar e das súas posibilidades recreativas, educativas e terapéuticas. 
Esta iniciativa combina accións adaptadas ás necesidades específicas das persoas con diversidade, como paseos en barca, surf, xogos terapéuticos na plaia, etc. creando espazos de interacción e convivencia enriquecedores. A conexión co mar será o eixe central do proxecto, contribuíndo ao benestar físico e emocional das persoas participantes.
Mareas de diversión en Camiña, aspira a converterse nun exemplo de convivencia inclusiva, onde o mar se transforme nun espazo común para o desfrute, a aprendizaxe e a integración das persoas. Implantaráse un programa sostible de ocio inclusivo, aproveitando o entorno marítimo da costa lucense. Durante todo o programa buscarase potenciar o valor do mar coma un espazo para a convivencia, a educación ambiental e o benestar persoal. 
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Camiña, Asociación Comarcal da Mariña Lucense
Datos de interese: 
Asociación centrada en mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Febreiro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
08/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
20.470,86 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
20.470,86 €
Total axuda pública aprobada (€): 
20.470,86 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
14.329,60 €
FEMP (%): 
70,0
CA (€): 
6.141,25 €
CA (%): 
30,0
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Impulsar a participación das persoas con diversidade en actividades de ocio marítima. 

-Fomentar actividades que garantiren a sensibilización e a preservación do medio e a biodiversidade mariña. 

-Promover a inclusión social a través de actividades de ocio adaptadas ao entorno marítimo.
-Mellorar a calidade de vida de  mediante experiencias recreativas , terapéuticas, educativas
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
- Incremento da participación das persoas con diversidade  en actividades recreativas/ ocio relacionadas co mar.
-Fomento da integración social e da igualdade de oportunidades entre as persoas con e sen diversidade , promovendo un modelo de convivencia inclusivo no entorno marítimo. 
-Sensibilización xeral sobre a relevancia da inclusión e a preservación do medio mariño, fomentando unha sociedade máis xusta e sostible.
-Fomento da posta en valor e coñecemento das actividades marítimo-pesqueiras.
-Importancia e coidado da biodiversidade mariña.
-Impulsar a  práctica das actividades náutico-deportivas como parte do benestar social, promovendo unha participación en actividades acuáticas que contribúan ao benestar físico e social da comunidade.
-Contribuír á divulgación da conservación dos recursos pesqueiros e marisqueiros e a importancia da sustentabilidade. 
-Aumento  do coñecemento dos recursos pesqueiro, das actividades de pesca e dos oficios relacionados co mar. 
Principais actividades do proxecto: 
ACTIVIDADE 1: COÑECE A MARIÑA
 Esta actividade ten como obxectivo achegar ás persoas participantes a riqueza marítima costeira do entorno marítimo da Mariña, promovendo a súa valoración e conservación.
-Saídas para coñecer o entorno marítimo e pesqueiro: visitas guiadas a cofradía , lonxa, redeiras, Moncloa, conserveira para poder coñecer de primeira man a actividade mariñeira e o seu impacto. 
-Colaboración co sector pesqueiro: encontros con profesionais do mar para coñecer as artes da pesca, a sustentabilidade dos recursos mariños e os retos do sector.
-Posta en valor do patrimonio cultural vinculado ao mar: visitas a espazos emblemáticos como a Moncloa.
-Xornadas de sensibilización ambiental e limpeza de praias: organización de actividades de concienciación sobre a contaminación mariña e recollida de residuos en praias, implicando ás persoas participantes na protección do medio natural. 
ACTIVIDADE 2: SENTE A TRAVÉS DO MAR 
ACT. 2.1 TALLLER DE COCIÑA: SABORES DO MAR
Onde se traballará a valoración dos produtos pesqueiros mediante o coñecemento das especies autóctonas, as artes de pesca e a importancia da trazabilidade do produto. Ademais, promoverase o consumo local e fresco a través da preparación de receitas con peixe e marisco da zona, fomentando hábitos alimentarios saudables. As actividades estarán adaptadas para garantir a accesibilidade sensorial e cognitiva, favorecendo a participación de todas as persoas mediante a degustación e aprendizaxe culinaria. 
ACT. 2.2 TALLER DE ARTESANÍA MARIÑEIRA
Co desenvolvemento dos talleres de artesanía orientarase á promoción da economía circular a través da reutilización de materiais procedentes do mar e das actividades pesqueiras, como redes, cunchas e madeiras do mar, para a creación de manualidades artesanais. 
ACT. 2.3 TALLER SENSORIAIS: SENTIR O FONDO MARIÑO
Coa posta en marcha destes talleres realizarase unha experiencia inmersiva na que se fomentará a concienciación sobre a biodiversidade do mar a través da experimentación con texturas, sons e materiais naturais mariños. As persoas participantes poderán descubrir a riqueza do ecosistema costeiro e  a súa importancia para o equilibrio ambiental. Esta actividade combinará diferentes elementos materiais para poder ofrecer unha aproximación tanto didáctica coma sensorial ao coñecemento do medio mariño. 
ACTIVIDADE 3: AVENTURAS MARIÑAS
-Surf inclusivo; zumba na praia; xogos terapéuticos e recreativos na plaia; 
ACTIVIDADE 4: PUBLICIDADE E MARKETING
Crearáse material audiovisual (vídeos e fotografías) que recolla o desenvolvemento de todas as sesións, tanto para a presentación en eventos e xornadas.
Co fin de reforzar a identidade do proxecto e favorecer a súa visibilidade, deseñarase merchandising específico (camisetas, gorras, botellas reutilizables). 
ACTIVIDADE 5: ACTO DE CLAUSURA
Esta quinta actividade ten como obxectivo pechar o proxecto cun evento especial que sirva de recoñecemento e celebración de todo o traballo realizado. Para iso, organizarase un acto de clausura no que se levará a cabo un catering con produtos do mar, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de desgustar peixes e mariscos locais, ao tempo que se pon en valor a riqueza gastronómica da Mariña. 
Durante o evento, exporanse fotografías e vídeos. 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico da EDLP: 
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.2. Facer das actividades marítimo pesqueiras un ámbito de empregabilidade de colectivos menos favorecidos e de cohesión social na Mariña-Ortegal
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)