Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

UN MAR DE DIVERSIDADE II

Proxecto consistente na realización de eventos de concienciación nos centros educativos e confrarías colaboradoras do territorio da Mariña Lucense, enmarcando o concepto de diversidade na variedade de animais mariños que existen no entorno costeiro, os nenos e nenas coñecerán os recursos físicos e sociais como son as Confrarías de pescadores, a riqueza física e natural da Mariña Lucense, a importancia da diversidade en todos os entornos da vida e en particular no ámbito da pesca, especies mariñas, profesións ligadas ao mar, profesionais que desenvolven as actividades e as súas diversas capacidades.

Os nenos e nenas, tomando como referencia as diferentes especies mariñas, vivirán a diversidade en primeira persoa, para empatizar e despertar interese nas diferenzas e nas dificultades que a sociedade lles impón a estas persoas.

O "Mar de Diversidade II" é un evento inmersivo e interactivo no que os máis novos entran nun MAR onde todos son diferentes e experimentan a discapacidade en primeira persoa, enfrentándose aos retos das persoas con diversidade funcional na vida diaria.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACION GUILLEM VEIGA IGLESIAS
Datos de interese: 
Asociación que busca acadar a mellora da calidade de vida da infancia (con o sen discapacidade) e o benestar das súas familias.
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Febreiro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
08/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

A Mariña Lucense

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
26.023,27 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
26.023,27 €
Total axuda pública aprobada (€): 
26.023,27 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
18.216,29 €
FEMP (%): 
70,0
CA (€): 
7.806,98 €
CA (%): 
30,0
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Entender o concepto de diversidade partindo do coñecemento do noso entorno, concretamente o mar e a pesca da nosa comarca, a Mariña-Ortegal.
- Coñecer os recursos físicos e sociais como son as Cofradías do noso entorno.
- Valorar a riqueza física e natural do entorno da Mariña Lucense.
- Valorar a importancia da diversidade, en tódolos entornos da nosa vida, o ámbito do mar, da pesca, das profesións, das persoas e das súas capacidades.
- Perder o medo a relacionarse con persoas diferentes.
- Vivir as diferentes discapacidades en primeira persoa para empatizar e despertar o interese na diferenza e as dificultades que a sociedade lle impón a estas persoas.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Entender e valorar a diversidade en xeral en tódolos ámbitos da vida; naturais, flora e fauna, minerais e en particular empregando exemplos de especies mariñas con diferentes discapacidades, os mais novos entendan que é a Diversidade Funcional.
- Cun "Mar de Diversidade II" preténdese chegar a aqueles centros da Mariña Lucense, que non puideron ser visitados co proxecto "Un Mar de Diversidadde", para que a rapazada se poña na pél dos peixes creados pola Asociación Guillem e que se poden atopar no mar, vivindo a discapacidade en 1ª persoa.
 

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto "Un Mar de Diversidade II" consiste na realización de eventos de concienciación, que se realizarán en colexios e confrarías. Disporase de 6 stands (un para cada animal mariño con diversidade) e unha carpa publicitaria. Deste xeito os grupos poderán ser de 30 escolares, 5 por cada stand.

Cada sesión comprenderá a seguinte programación:
1.PRESENTACIÓN  VISUAL
A.Enmarcar o concepto de diversidade na variedade de pesca( barcos, aparellos, etc.) que existe na nosa contorna e reflexionar sobre esta realidade en todos os entornos,incluída a nosa sociedade onde entraremos na Diverisidade Funcional tamén presente en películas como“Nemo”
B. Entrega de material que os guiará durante toda a actividade. Os nenos e nenas terán unha imaxe de "Un Mar de diversidade II" cos persoaxes mariños protagonistas e explicaráselles que deben superar os retos que lles propón cada un  deles para conseguir os selos e gañar o diploma para a súa aula.
C. Percorrido polo Mar de Diversidade:
Crearanse 6 rincóns cun ROLLUP que representa 1 animal e unha Discapacidade
•Peixe con discapacidade visual:GALO DO NORTE cun lado cego.
•Peixe xordo:O pargo vermello perde o oído pola acidificación do océano.
•Animal solitario (TEA):Polbo con Transtorno de Espectro Autista.
•Peixe hiperactivo:O tiburón
•Peixe con Discapacidade física.O noso peixe paiaso que naceu cunha aleta mais pequena q outra.
•O golfiño.Un animal moi intelixente con Altas Capacidades q propondrá retos para probar a súa capacidade intelectual. NOVIDADE
2.CIRCUITO POLO MAR DE DIVERSIDADE, SUPERACIÓN DE RETOS E VIVENCIA EN 1ªPERSOA DA DISCAP.
Distribución en grupos de 5, para rotar polos stands, superar retos e completar o seu Díptico do "Mar de Diversidade II" cos selos dos personaxes. 
En cada stand recibirán información teórica de importancia para entender a discapacidade concreta  e finalmente  vivirán a discapacidade en 1ª persoa con retos a superar.
 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.  

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)