Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CURSO DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO E PESCATURISMO

Xa temos data para a celebración do curso de Emprendemento en Turismo Mariñeiro e Pescaturismo dentro do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca & Turismo!

O curso terá lugar a semana do 23 ao 27 de febreiro, en horario de tarde a convir polos participantes, co obxetivo de faciliar a participación das persoas interesadas.

En función dos inscritos asignaremos a localidade de celebración máis axeitada para garantir o seu correcto desenvolvemento debido á dispersión do territorio.

Recordamos que este curso está especialmente pensado para:

  • Persoas que nunca emprenderon.
  • Profesionanis que xa fixeron outros cursos pero aínda non deron o paso
  • Quen ten unha idea de turismo mariñerio ou pesca-turismo e non sabe por onde comenzar.

¿Que ofrece este curso?

  • Formación práctica e necesaria para exercer a actividade.
  • Ideal tanto para persoas que nunca emprenderon como para quen xa fixo cursos pero aínda non se decidiu.
  • Acompañamento personalizado nos primeiros pasos, coas ferramentas clave para crear un proxecto sólido, seguro e ligado ao territorio.

Una oportunidade para converter o teu coñecemento do mar nunha nova saída profesional.

Información e inscricións:
Tel.: 982 56 33 55-606 56 85 06
Email: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal