Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proceso de Selección de persoal xerente do GALP A Mariña-Ortegal: Relación Provisional de Admitidos/as e Exlcuídos/as

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal e como se indica na BASE CUARTA – “PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA, SOLICITUDES” das bases reguladoras, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas para concorrer a este proceso unha vez superada a Fase de concurso de méritos xunto coa valoración dos mesmos, pasando por tanto á Fase 2: Entrevista persoal.

A partir da data de publicación, as persoas que resultaran excluídas poderán presentar a correspondente reclamación, se o estiman oportuno, para emendar os defectos que motivaron tal exclusión.

O prazo máximo para a presentación da documentación para a subsanación de defectos é de 2 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación da lista provisional de persoas admitidas/excluidas.

As persoas que resultaran excluidas por presentar a solicitude fora de prazo quedarán excluídas definitivamente do proceso.

A reclamación presentarase por escrito, ben presencialmente, ben por correo ordinario certificado a LUCUS LEX ABOGADOS, S.L.P., Rúa San Roque, 26, Lugo (27002) e, neste último caso, enviando xustificante da súa presentación mediante o envío de copia selada por correo electrónico a: lucuslexabogados@lucuslexabogados.com, así como comunicación de que se enviou dita reclamación.

Relación provisional de admitidos/as e excluídos/as: /sites/default/files/listado_provisional_admitidos.pdf