
Dende Galicia Norte, Mares de Experiencias levantamos áncora para darlle a benvida ao outono a través das actividades organizadas para este mes de outubro.
Invitámosche a que participes dalgunha das Xornadas Colaborativas de Turismo Mariñeiro que se van celebrar en: Cedeira, Viveiro, Foz, Narón ou Miño.
Tamén che ofrecemos a oportunidade de descubrir, de primeira man, Oficios do Mar vixentes aínda na actualidade: redeiras, actividade conserveira, carpintería de ribeira, artes de pesca ou marisqueo a pé distribuídos pola zona da Mariña, Ortegal ou do Golfo Ártabro Norte, a través de Visitas Demostrativas protagonizadas polos propios profesionais que manteñen viva a tradición.
Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto de cooperación interterritorial promovido polo GALP A Mariña-Ortegal e o GALP Golfo Ártabro Norte que pretende potenciar o turismo mariñeiro na costa norte de Galicia.