O proxecto promovido pola Confraría de Pescadores de Sada ten como finalidade a mellora da eficiencia enerxética, a dixitalización, a innovación e a visibilidade do sector pesqueiro, con especial enfoque na pesca costeira artesanal. A actuación inclúe a instalación dun sistema de analizador de consumos en tempo real nos motores do viveiro, cámara frigorífica e fábrica de xeo, que permitirá optimizar o uso da enerxía e garantir a conservación do produto.
Complementarase coa instalación dunha batería de condensadores para mellorar o rendemento dos equipos e reducir a enerxía reactiva, así como con sistemas de monitorización dixital que centralicen a xestión dos recursos e melloren a seguridade alimentaria. Establecerase tamén un punto de venda dixital na lonxa de Sada, dotado de equipamento tecnolóxico, para facilitar a comercialización do peixe de proximidade, reducindo custos e desprazamentos.
O proxecto inclúe ademais actividades de divulgación como xornadas de portas abertas, rutas guiadas e campañas nas redes sociais para poñer en valor o sector pesqueiro, a súa historia, o papel das mulleres e a importancia do relevo xeracional.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Mellorar a eficiencia enerxética, a dixitalización e a visibilidade do sector pesqueiro no Golfo Ártabro Sur, promovendo un modelo máis sostible e competitivo.
-
Optimizar o consumo enerxético e reducir a pegada de carbono nas instalacións da lonxa.
-
Garantir a calidade do produto pesqueiro mediante mantementos preventivos e monitorización constante.
-
Dixitalizar os procesos de comercialización co establecemento dun punto de venda na lonxa de Sada.
-
Promover o peixe de proximidade e os canais curtos de distribución.
-
Reforzar o papel das mulleres no sector e fomentar o relevo xeracional.
-
Visibilizar o patrimonio mariñeiro local e sensibilizar á sociedade sobre a importancia do sector pesqueiro artesanal.
-
Redución do consumo enerxético e mellora da eficiencia das instalacións.
-
Diminución da pegada de carbono mediante a optimización dos recursos eléctricos.
-
Aumento da seguridade e da calidade do produto almacenado.
-
Incremento da competitividade do sector mediante a venda centralizada na lonxa de Sada.
-
Mellora na comercialización do peixe de proximidade e redución dos custos loxísticos.
-
Maior concienciación social sobre o valor do patrimonio pesqueiro local.
-
Reforzo do interese pola actividade pesqueira entre a mocidade e a visibilización do papel das mulleres no mar.
-
Instalación do analizador de consumos enerxéticos nos motores do viveiro, cámara frigorífica e fábrica de xeo.
-
Instalación dunha batería de condensadores para reducir a enerxía reactiva e mellorar a eficiencia dos equipos.
-
Implantación de sistemas de monitorización dixital para controlar en tempo real o estado das instalacións.
-
Creación dun punto de venda dixital na lonxa, con báscula, lector, ordenador e carro móbil.
-
Xornadas de portas abertas e rutas guiadas, orientadas á cidadanía en xeral e á mocidade, para dar a coñecer o funcionamento da lonxa, o patrimonio mariñeiro e o traballo das mulleres no sector.
-
Campañas en redes sociais e web, para divulgar os contidos xerados e fomentar o consumo do produto pesqueiro local e sostible.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en tódalas fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade productivaa a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividades pesqueira e acuícola.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

