Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Avanzando cara un sector máis resiliente

O proxecto promovido pola Confraría de Pescadores de Sada ten como finalidade a mellora da eficiencia enerxética, a dixitalización, a innovación e a visibilidade do sector pesqueiro, con especial enfoque na pesca costeira artesanal. A actuación inclúe a instalación dun sistema de analizador de consumos en tempo real nos motores do viveiro, cámara frigorífica e fábrica de xeo, que permitirá optimizar o uso da enerxía e garantir a conservación do produto.

Complementarase coa instalación dunha batería de condensadores para mellorar o rendemento dos equipos e reducir a enerxía reactiva, así como con sistemas de monitorización dixital que centralicen a xestión dos recursos e melloren a seguridade alimentaria. Establecerase tamén un punto de venda dixital na lonxa de Sada, dotado de equipamento tecnolóxico, para facilitar a comercialización do peixe de proximidade, reducindo custos e desprazamentos.

O proxecto inclúe ademais actividades de divulgación como xornadas de portas abertas, rutas guiadas e campañas nas redes sociais para poñer en valor o sector pesqueiro, a súa historia, o papel das mulleres e a importancia do relevo xeracional.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de pescadores de Sada
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Cofradía
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
13/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Ámbito territorial da Cofradía de pescadores de Sada

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
29.760,17
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
29.760,17
Total axuda pública aprobada (€): 
29.760,17
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
20.832,12
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.928,05
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1,2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
20
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a eficiencia enerxética, a dixitalización e a visibilidade do sector pesqueiro no Golfo Ártabro Sur, promovendo un modelo máis sostible e competitivo.

  • Optimizar o consumo enerxético e reducir a pegada de carbono nas instalacións da lonxa.

  • Garantir a calidade do produto pesqueiro mediante mantementos preventivos e monitorización constante.

  • Dixitalizar os procesos de comercialización co establecemento dun punto de venda na lonxa de Sada.

  • Promover o peixe de proximidade e os canais curtos de distribución.

  • Reforzar o papel das mulleres no sector e fomentar o relevo xeracional.

  • Visibilizar o patrimonio mariñeiro local e sensibilizar á sociedade sobre a importancia do sector pesqueiro artesanal.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Redución do consumo enerxético e mellora da eficiencia das instalacións.

  • Diminución da pegada de carbono mediante a optimización dos recursos eléctricos.

  • Aumento da seguridade e da calidade do produto almacenado.

  • Incremento da competitividade do sector mediante a venda centralizada na lonxa de Sada.

  • Mellora na comercialización do peixe de proximidade e redución dos custos loxísticos.

  • Maior concienciación social sobre o valor do patrimonio pesqueiro local.

  • Reforzo do interese pola actividade pesqueira entre a mocidade e a visibilización do papel das mulleres no mar.

Principais actividades do proxecto: 
  1. Instalación do analizador de consumos enerxéticos nos motores do viveiro, cámara frigorífica e fábrica de xeo.

  2. Instalación dunha batería de condensadores para reducir a enerxía reactiva e mellorar a eficiencia dos equipos.

  3. Implantación de sistemas de monitorización dixital para controlar en tempo real o estado das instalacións.

  4. Creación dun punto de venda dixital na lonxa, con báscula, lector, ordenador e carro móbil.

  5. Xornadas de portas abertas e rutas guiadas, orientadas á cidadanía en xeral e á mocidade, para dar a coñecer o funcionamento da lonxa, o patrimonio mariñeiro e o traballo das mulleres no sector.

  6. Campañas en redes sociais e web, para divulgar os contidos xerados e fomentar o consumo do produto pesqueiro local e sostible.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en tódalas fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade productivaa a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividades pesqueira e acuícola. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)