Este proxecto, impulsado pola entidade dedicada á conservación do patrimonio mariñeiro de Sada, céntrase na preservación, uso educativo e difusión cultural das embarcacións tradicionais da zona. A través de formacións, actividades ambientais e traballos de mantemento especializado, preténdese asegurar a transmisión interxeracional dos coñecementos asociados á navegación tradicional, reforzar a identidade cultural local, contribuír á igualdade de xénero e sensibilizar sobre a protección do medio mariño.
O proxecto integra accións prácticas como un curso de jarcias tradicionais, unha ecoregata de recollida de plásticos no porto de Sada, un curso de vela tradicional dirixido exclusivamente a mulleres e a restauración da flota tradicional da asociación. Ademais, contempla actividades complementarias de difusión e concienciación, como exposicións e xornadas divulgativas, vinculando a tradición náutica coa sustentabilidade e a crise climática.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xerais:
-
Conservar o patrimonio mariñeiro de Sada.
-
Preservar e poñer en valor as embarcacións tradicionais.
-
Fomentar a cultura mariñeira e a identidade cultural local.
-
Impulsar a sensibilización ambiental e a educación mariña.
-
Promover a igualdade de xénero no ámbito da vela tradicional.
Específicos:
-
Realizar un curso práctico de jarcias tradicionais.
-
Executar labores de mantemento e reparación da flota de embarcacións tradicionais.
-
Organizar unha ecoregata de recollida de plásticos no porto de Sada.
-
Impartir un curso de vela tradicional dirixido exclusivamente a mulleres.
-
Aprendizaxe e conservación de técnicas tradicionais de confección e mantemento de jarcias, asegurando a súa transmisión cultural.
-
Empoderamento e visibilización da participación feminina na navegación tradicional, rompendo barreiras de xénero no sector mariñeiro.
-
Restauración e conservación efectiva das embarcacións tradicionais para o seu uso en actividades culturais e formativas.
-
Redución da contaminación plástica no porto de Sada mediante unha acción participativa con valor ambiental e educativo.
-
Fortalecemento do tecido social e da conciencia colectiva arredor do patrimonio marítimo local.
-
Curso de jarcias tradicionais cun enfoque práctico e aberto á comunidade, impartido pola propia asociación.
-
Curso de vela tradicional para mulleres, combinando formación teórica e práctica sobre vela latina e cangrexa.
-
Ecoregata participativa de recollida de plásticos no porto de Sada, utilizando embarcacións tradicionais e involucrando á comunidade local.
-
Traballos de reparación e mantemento da flota tradicional en colaboración con un asteleiro especializado, con transporte incluído.
-
Organización de exposicións, charlas e xornadas abertas sobre a evolución das embarcacións tradicionais e a súa relación co medio ambiente e o cambio climático.
Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Obxectivo específico 4.1: Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

