Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Implementación variador no compresor nº2. Melloras enerxéticas - Sala de máquinas da Lonxa de A Coruña

O proxecto busca contribuír a mellorar a eficiencia enerxética da Lonxa da Coruña a través da modernización das instalacións tratando de contribuír á redución da pegada de carbono. 
Este proxecto trátase da instalación dun novo  variador na sala de máquinas, cuxa función é abastecer da refrixeración e o frío necesario para ter a temperatura óptima o peixe e marisco, garantindo así, mellores condicións de calidade. Con isto lógrase unha óptima refrixeración para todo o conxunto de áreas profesionais onde se desenvolven as actuacións de comercialización do peixe e do marisco.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Lonja de La Coruña SA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Lonxa da Coruña SA é un proxecto empresarial especialmente particular e representativo do sector pesqueiro na área do GALP Golfo Ártabro Sur e en Galicia en xeral. No seu accionariado están presentes, a partes iguais, as principais entidades asociativas e representativas do sector pesqueiro: o sector extractivo e o sector comercializador. Ademais, hai outros axentes, empresas e traballadores que desenvolven as súas actividades dentro do sector da pesca na Coruña e nas súas poboacións limítrofes.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
20/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2020
Data fin de execución: 
31/12/2020
Ámbito de aplicación: 

Concello da Coruña, pero pola importancia da lonxa, o impacto do proxecto é moito maior, pois abarca todo a área de influencia do porto da Coruña.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
91.117,14
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
70.953,42
Total axuda pública aprobada (€): 
35.476,71
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
30.155,20
FEMP (%): 
85
CA (€): 
5.321,51
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
17
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
O obxectivo principal do proxecto é mellorar a eficiencia enerxética da empresa a través da modernización das nosas instalacións e tratando de contribuír á redución da pegada de carbono, a mellora da concienciación do sector e a redución dos custos da empresa, mellorando así a competitividade da mesma. 
Ademais, todo isto axuda á mellora e o apoio aos circuítos curtos de comercialización (consumo de proximidade) contribuíndo á redución da pegada de carbono. Así mesmo, tamén é beneficioso para mellorar as condicións de traballo do persoal da lonxa. 
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Esta modernización supón mellorar tecnoloxicamente as máquinas que producen frío para todas as salas de venda de peixe, producindo, ademais, as seguintes consecuencias positivas:
- Mellora da produción de frío, mellora na climatización para toda a lonxa
- Afecta positivamente na conservación do peixe e o marisco que se comercializa (correspondendo coa maior parte do produto fresco que se vende na provincia da Coruña e envíase ao resto de España)
- Supón unha mellora nas condicións de traballo de todos os profesionais e as empresas (directores da poxa, exportadores, comercializadores, pescadoras, armadores, etc.) que traballan a diario na Lonxa. Isto axuda ao tan desexado substitución xeracional no sector, xa que ao mellorar as condicións de traballo, fan que sexa máis apetecible para as novas xeracións.
- Supón unha mellora tecnolóxica nas instalacións, repercutindo de forma positiva na modernización das actividades do sector pesqueiro galego.
- Favorece a incrementar a calidade dos produtos que saen da lonxa, xa que se mantén a cadea de frío en óptimas condicións.
- Eficiencia enerxética nas instalacións da Lonxa, reducindo o consumo de enerxía e facendo que as instalacións sexan máis eficientes e contribúan á diminución da pegada do carbono.
- A divulgación do devandito proxecto, trae aparellada unha concienciación no sector, que pretende a concienciación do mesmo para conseguir obter melloras similares noutros axentes.
Principais actividades do proxecto: 
No proxecto levará a cabo a modernización da Sala de Máquinas, instalando un novo  variador. 
A instalación dun  variador moderno e  energéticamente eficiente permitirá dúas cousas fundamentais: mellorar a calidade dos produtos da pesca na Lonxa da Coruña e mellorar a eficiencia enerxética na empresa e no sector. 
Todo isto lograrase a través de: 
- Instalación dun “ Variador de Frecuencia” no motor do  compresor que fornece a enerxía de frío e de calor ao conxunto de áreas onde se desenvolve a comercialización de peixe e marisco a toda a Lonxa
- Implementación de melloras de eficiencia enerxética nos  compresores
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 3.2: Contribuír á redución da marca do carbono.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)