
O proxecto baséase en modernizar a Sala de Máquinas e equipamentos que permiten abastecer a todo o conxunto de áreas profesionais onde se desenvolven as actuacións de comercialización do peixe e marisco na Lonxa da Coruña, da refrixeración e o frío necesario para poder manter as condicións de calidade e as condicións óptimas para o mantemento, conservación e venda o peixe.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto consiste na instalación de unha serie de máquinas modernas e competitivas que permitirán dúas cousas fundamentalmente: mellorar a calidade dos productos da pesca na lonxa e mellorar a eficiencia enerxética da empresa e do sector.
O obxectivo principal é mellorar a eficiencia enerxética da empresa a través da modernización das instalacións tratando de contribuír á reducción da pegada do carbono, a mellora da concienciación do sector e a reducción dos custes da empresa, mellorando así a competitividade e a posibilidade de manter o emprego.
Os resultados previstos son os seguintes:
- Mellora a climatización da lonxa
- Afecta directamente á conservación do peixe e do marisco que se comercializa na lonxa
- Supón unha mellora da calidade do peixe evitando cambios de temperatura e mellora das condicións de conservación do peixe e do marisco
- Mellora as condicións de traballo de todos os profesionais e empresas que traballan na lonxa
- Supón unha importante modernización no lugar fundamental onde se desenvolven grande parte das actividades do sector pesqueiro galego
- Favorece á eficiencia enerxética das instalacións, reducindo drásticamente o consumo de enerxía debido á perda de temperatura orixinada polo mal aislamento e a calidade das portas que actualmente existen e que provoca perdas moi importantes de temperatura.
- Permite un importante aforro enerxético que inflúe tanto na competitividade da empresa, como no mantemento do emprego que existe e tamén na área de conservación do medio ambiente.
- Fomenta a divulgación da eficiencia enerxética que permitirá mellorar a concienciación do sector neste eido a través de charlas e actividades de formación no sector.
As principais actividades son as seguintes:
- Instalación dun variador de frecuencia no motor do compresor que suministra a enerxía de frío e calor do conxunto de áreas onde se desenvolve a comercialización de peixe e marisco a toda a Lonxa da Coruña
- Instalación dun Software de control centralizado da instalación frigorífica mediante instalación dun cadro de control que inclúe un autómata programable, módulos e E/S e sistema Scada.
- Modernización da tecnoloxía dos compresores, consistentes en sensores de corredeira para garantir o funcionamento eficiente na instalación con cargas parciais.
Obxectivo Estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo Específico 3.2.: Contribuír á reducción da pegada do carbono.
Liña de actuación 3.2.2.: Favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

