Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora tecnolóxica en instalacións mecánicas da Lonxa da Coruña

O proxecto baséase en modernizar a Sala de Máquinas e equipamentos que permiten abastecer a todo o conxunto de áreas profesionais onde se desenvolven as actuacións de comercialización do peixe e marisco na Lonxa da Coruña, da refrixeración e o frío necesario para poder manter as condicións de calidade e as condicións óptimas para o mantemento, conservación e venda o peixe. 

 

Datos xerais
Acrónimo: 
Sala de Máquinas
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Lonja de La Coruña S.A.
Datos de interese: 
La Lonja de La Coruña SA está situada no Porto de A Coruña, que é o segundo porto mais importante en peixe e marisco fresco de España por descargas e un dos mais importantes de Europa, formando parte dos motores económicos da cidade. Dentro das actividades que desenrola, na actividade propia da súa índole, atópanse as subastas de peixe de todas as artes de pesca e marisqueo da zona. Na actualidade hai aproximadamente 34 casas subastadoras ás que armadores e patróns depositan os seus peixes e mariscos.
Perfil empresarial: 
Lonja de La Coruña SA é un proxecto empresarial especialmente particular e representativo do sector pesqueiro na área do GALP Golfo Ártabro Sur e en Galicia en xeral. No seu accionariado están presentes, a partes iguais, as principais entidades asociativas e representativas do sector pesqueiro: o sector extractivo e o sector comercializador. Ademáis, hai outros axentes, empresas e traballadores que desenvolven a súas actividades dentro do sector da pesca en A Coruña e nas súas poboacións limítrofes
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP, aprobadas para os grupos de pesca no marco dos fondos FEMP
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
18/07/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

O proxecto realizaríase no Concello de A Coruña, pero pola importancia da súa lonxa o impacto é moito maior, pois abranguería toda a área de influencia do Porto de A Coruña.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
164.732,79
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
128.292,80
Total axuda pública aprobada (€): 
64.146,40
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
54.524,44
FEMP (%): 
85
CA (€): 
9.621,96
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto consiste na instalación de unha serie de máquinas modernas e competitivas que permitirán dúas cousas fundamentalmente: mellorar a calidade dos productos da pesca na lonxa e mellorar a eficiencia enerxética da empresa e do sector. 

O obxectivo principal é mellorar a eficiencia enerxética da empresa a través da modernización das instalacións tratando de contribuír á reducción da pegada do carbono, a mellora da concienciación do sector e a reducción dos custes da empresa, mellorando así a competitividade e a posibilidade de manter o emprego.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados previstos son os seguintes: 

- Mellora a climatización da lonxa

- Afecta directamente á conservación do peixe e do marisco que se comercializa na lonxa

- Supón unha mellora da calidade do peixe evitando cambios de temperatura e mellora das condicións de conservación do peixe e do marisco 

- Mellora as condicións de traballo de todos os profesionais e empresas que traballan na lonxa

- Supón unha importante modernización no lugar fundamental onde se desenvolven grande parte das actividades do sector pesqueiro galego

- Favorece á eficiencia enerxética das instalacións, reducindo drásticamente o consumo de enerxía debido á perda de temperatura orixinada polo mal aislamento e a calidade das portas que actualmente existen e que provoca perdas moi importantes de temperatura.

- Permite un importante aforro enerxético que inflúe tanto na competitividade da empresa, como no mantemento do emprego que existe e tamén na área de conservación do medio ambiente.

- Fomenta a divulgación da eficiencia enerxética que permitirá mellorar a concienciación do sector neste eido a través de charlas e actividades de formación no sector.

Principais actividades do proxecto: 

As principais actividades son as seguintes: 

- Instalación dun variador de frecuencia no motor do compresor que suministra a enerxía de frío e calor do conxunto de áreas onde se desenvolve a comercialización de peixe e marisco a toda a Lonxa da Coruña

- Instalación dun Software de control centralizado da instalación frigorífica mediante instalación dun cadro de control que inclúe un autómata programable, módulos e E/S e sistema Scada. 

- Modernización da tecnoloxía dos compresores, consistentes en sensores de corredeira para garantir o funcionamento eficiente na instalación con cargas parciais. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo Específico 3.2.: Contribuír á reducción da pegada do carbono. 

Liña de actuación 3.2.2.: Favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)