Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de medio millón de euros

Na primeira convocatoria do FEMPA neste ano 2023 o GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por un importe superior a medio millón de euros

Esta primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitude de axudas.

Entidades de todo tipo do territorio foron os promotores, que tiveron de prazo para a solicitude das mesmas dende o 27 de setembro ata o 26 de outubro. Este novo período consta cun novo procedemento simplificado, que busca a axilización da tramitación e o aforro enerxético levando o proceso ao 0% de papel.

Dende o grupo confiase obter maior éxito, se cabe, na seguinte convocatoria que se espera que abra o prazo de presentación entre os meses de xaneiro ou febreiro.