Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta Provisional de Xunta Directiva Galp Golfo Ártabro Sur

Data publicación 05/05/2025

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025). 

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:

Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2025

Anexo I. 760 Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 760 Convocatoria 2025

Anexo I. 770 Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2025

Anexo I. 780 Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2025

Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2025

Anexo III. Informes de valoración 760, 770 e 780. 

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 760, 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos  da Convocatoria 2025, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 760, 770 e 780 para esta convocatoria 2025.

Outórgase un prazo de alegacións de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Sur e na web galp.xunta.gal, rematando o prazo de presentación de alegacións o día 19 de maio de 2025.