
O GALP Golfo Ártabro Sur organiza mañá xoves 20 de outubro (9.00 a 14.30h) a primeira parte da xornada “Profesións do mar” na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas en colaboración coa Universidade da Coruña. Trátase dun acto aberto ao público en xeral.
O reitor, Julio Abalde, e o presidente de GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto A. Castro, xunto co director da Escola, Manuel Romero, e a xefa territorial na Coruña da Consellería do Mar, María Cancelo, abrirán o evento ás 9.00 horas.
Esta xornada na ETS de Náutica e Máquinas complementarase cunha segunda o vindeiro luns, 7 de novembro (9.00 a 15.00h) no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.
Con estas sesións formativas e divulgativas quérese mostrar ao alumnado universitario e de ensinanzas medias, así como a todas persoas que queiran acudir de oíntes, as amplas saídas laborais que ofrece o sector mar-pesca da man de profesionais en activo, así como as vías para acceder a estes postos de traballo.
PROGRAMA XORNADA “PROFESIÓNS DO MAR” | XOVES, 20 DE OUTUBRO
09:00h | BENVIDA / APERTURA DA XORNADA
Julio E. Abalde – Excmo. Reitor Magnífico da UDC
Manuel Romero– Director da ETS de Náutica e Máquinas da UDC
Alberto L. Castro – Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur
María Cancelo – Consellería do Mar. Xefa territorial da provincia da Coruña
09:30h | MESA 1: NAVEGACIÓN E SALVAMENTO MARÍTIMO
Pedro García – Capitán Marina Mercante
Emilio Portela– Xefe de Máquinas Mercante
Brigada Sonia Mª Martínez e Cabo Primeiro Juan C. Seoane – Fuerzas Armadas
Bernardo V. Viqueira – Xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo
10:45h | MESA 2: TRANSPORTE E LOXÍSTICA
Walter del Río – Práctico Maior da Coruña
Enrique Sedofeito – Pérez Torres Marítima
Alejandro Rey – Autoridad Portuaria Ferrol - San Cibrao
11:45h |DESCANSO
12:15h | MESA 3: OFFSHORE
José Cubeiro – ACSM
Laura Castro – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da UDC
13:00h | MESA 4: MEDIO AMBIENTE
Antonio Martínez – Astaleiros Navantia
Jose M. Pena – Forestal del Atlántico
Lucía Fraga – CETMAR
Lucía Cañás – IEO Coruña
14:15 h | CLAUSURA
Alberto L. Castro
Manuel Romero