Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada “Profesións do Mar” na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas

O GALP Golfo Ártabro Sur organiza mañá xoves 20 de outubro (9.00 a 14.30h) a primeira parte da xornada “Profesións do mar” na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas en colaboración coa Universidade da Coruña. Trátase dun acto aberto ao público en xeral. 

O reitor, Julio Abalde, e o presidente de GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto A. Castro, xunto co director da Escola, Manuel Romero, e a xefa territorial na Coruña da Consellería do Mar, María Cancelo, abrirán o evento ás 9.00 horas. 

Esta xornada na ETS de Náutica e Máquinas complementarase cunha segunda o vindeiro luns, 7 de novembro (9.00 a 15.00h) no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.

Con estas sesións formativas e divulgativas quérese mostrar ao alumnado universitario e de ensinanzas medias, así como a todas persoas que queiran acudir de oíntes, as amplas saídas laborais que ofrece o sector mar-pesca da man de profesionais en activo, así como as vías para acceder a estes postos de traballo.

PROGRAMA XORNADA “PROFESIÓNS DO MAR” | XOVES, 20 DE OUTUBRO

09:00h | BENVIDA / APERTURA DA XORNADA

Julio E. Abalde – Excmo. Reitor Magnífico da UDC

Manuel Romero– Director da ETS de Náutica e Máquinas da UDC

Alberto L. Castro – Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur

María Cancelo – Consellería do Mar. Xefa territorial da provincia da Coruña

09:30h | MESA 1: NAVEGACIÓN E SALVAMENTO MARÍTIMO

Pedro García – Capitán Marina Mercante

Emilio Portela– Xefe de Máquinas Mercante

Brigada Sonia Mª Martínez e Cabo Primeiro Juan C. Seoane – Fuerzas Armadas

Bernardo V. Viqueira – Xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo

10:45h | MESA 2: TRANSPORTE E LOXÍSTICA

Walter del Río – Práctico Maior da Coruña

Enrique Sedofeito – Pérez Torres Marítima

Alejandro Rey – Autoridad Portuaria Ferrol - San Cibrao

11:45h |DESCANSO

12:15h | MESA 3: OFFSHORE

José Cubeiro – ACSM

Laura Castro – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da UDC

13:00h | MESA 4: MEDIO AMBIENTE

Antonio Martínez – Astaleiros Navantia

Jose M. Pena – Forestal del Atlántico

Lucía Fraga – CETMAR

Lucía Cañás – IEO Coruña

14:15 h | CLAUSURA

Alberto L. Castro

Manuel Romero