Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DO EQUIPAMENTO DO CLUB ADECO-DEA

Mellora do equipamento coa adquisición dunha embarcación adaptada e accesible con dous motores, un deles auxiliar eléctrico para realizar un menor impacto ambiental ao navegar por espazos protexidos co seu correspondente equipo de seguridade.

Favorecer a inclusión social das persoas con discapacidade, fortalecer a súa autoestima, potenciar as súas capacidades tanto sociais como fisiolóxicas e hábitos mais saudables.

Mellora da seguridade nun mesmo, xa que o feito de ir superando retos anteriores, fai que se sintan capaces de afrontar outros de maior dificultade.

O desenvolvemento do proxecto inclúe:

FORMACIÓN

Formación a  persoas con discapacidade no manexo de embarcacións tanta a vela como a motor.

Formación a voluntarios e colaboradores no manexo e coidado de persoas con discapacidade. Formación e información sobre o coñecemento do entorno mariño, historia  e a súa conservación.

LECER NÁUTICO

Celebración de Xornadas Náuticas Inclusivas en varios puntos da Ría de Muros-Noia, con actividades encamiñadas a fomentar o disfrute do entorno mariño, Visitas organizadas a museos, explicacións sobre as zonas de produción marisqueiras,(Nomes dos bancos e lugares etc.)  adaptando as mesmas para que sexan accesibles a todos.

DEPORTES NÁUTICOS

Facilitarlle ás persoas con discapacidade a participación coas embarcación do club en actividades náutico-deportivas (Motonáutica, vela adaptada e pesca), todos eles de carácter inclusivo).

CONSERVACIÓN COLABORACIÓN E CONCIENCIACIÓN

Participación de forma activa na concienciación sobre a importancia da limpeza e conservación do entorno e patrimonio mariño, colaborando con outras entidades tanto en labores de limpeza como de divulgación.

INCLUSIÓN

Todas as actividades que realiza o club ADECO-DEA son de carácter inclusivo, fomentamos que na participación das persoas con discapacidade cos seus amigos e familiares, sexa a persoa con discapacidade a mais activa e promotora da actividade.

Datos xerais
Acrónimo: 
CLUB ADECO-DEA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ADECO DEA
Datos de interese: 
https://www.instagram.com/adecodea/
Perfil empresarial: 
ENTIDADE SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
15/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
30/11/2024
Ámbito de aplicación: 

LOCAL

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
61.402,42 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
61.280,48 €
Total axuda pública aprobada (€): 
54.539,63 €
% Subvención: 
89%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.177,74 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
16.361,89 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Adquirir unha embarcación adaptada e accesible e mais ecolóxica, para mellorar os servizos do programa "Un Mar Para Todos " cuxos  obxectivos son:

Que as persoas con discapacidade participen en todo tipo de actividades náuticas, tanto lúdicas como deportivas, promovendo actitudes positivas e desenvolvendo hábitos de participación e de respecto tanto co regulamento como cos compañeiros e rivais.

Que a través desas actividades mellore a súa autoestima, a súa inclusión social, a súa autonomía e a calidade de vida en xeral.

A promoción do turismo náutico inclusivo, a cultura e o patrimonio marítimo.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Participación nas diferentes actividades mais de 200 persoas con discapacidade en igualdade de oportunidades

 

Principais actividades do proxecto: 

As actividades a desenvolver no proxecto son:

Formación: No manexo de embarcacións lixeiras a motor e vela.

Deportiva: Entrenamentos, organización e participación en competicións náuticas(Vela adaptada, Motonáutica e Pesca deportiva.

Lecer Náutico: Organización de xornadas náuticas inclusivas, nas que as persoas con discapacidade e o seu entorno (familia e amigos) poidan coñecer e disfrutar do noso patrimonio marítimo, costeiro e museístico.

Información e concienciación: sobre a importancia da conservación dos espazos naturais e patrimonio.

As actividades, van dirixidas ao colectivo de persoas con discapacidade, as súas familias amigos e persoas voluntarias que traballen ou colaboren co colectivo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 4. Cultura & Benestar

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)