
Mellora do equipamento coa adquisición dunha embarcación adaptada e accesible con dous motores, un deles auxiliar eléctrico para realizar un menor impacto ambiental ao navegar por espazos protexidos co seu correspondente equipo de seguridade.
Favorecer a inclusión social das persoas con discapacidade, fortalecer a súa autoestima, potenciar as súas capacidades tanto sociais como fisiolóxicas e hábitos mais saudables.
Mellora da seguridade nun mesmo, xa que o feito de ir superando retos anteriores, fai que se sintan capaces de afrontar outros de maior dificultade.
O desenvolvemento do proxecto inclúe:
FORMACIÓN
Formación a persoas con discapacidade no manexo de embarcacións tanta a vela como a motor.
Formación a voluntarios e colaboradores no manexo e coidado de persoas con discapacidade. Formación e información sobre o coñecemento do entorno mariño, historia e a súa conservación.
LECER NÁUTICO
Celebración de Xornadas Náuticas Inclusivas en varios puntos da Ría de Muros-Noia, con actividades encamiñadas a fomentar o disfrute do entorno mariño, Visitas organizadas a museos, explicacións sobre as zonas de produción marisqueiras,(Nomes dos bancos e lugares etc.) adaptando as mesmas para que sexan accesibles a todos.
DEPORTES NÁUTICOS
Facilitarlle ás persoas con discapacidade a participación coas embarcación do club en actividades náutico-deportivas (Motonáutica, vela adaptada e pesca), todos eles de carácter inclusivo).
CONSERVACIÓN COLABORACIÓN E CONCIENCIACIÓN
Participación de forma activa na concienciación sobre a importancia da limpeza e conservación do entorno e patrimonio mariño, colaborando con outras entidades tanto en labores de limpeza como de divulgación.
INCLUSIÓN
Todas as actividades que realiza o club ADECO-DEA son de carácter inclusivo, fomentamos que na participación das persoas con discapacidade cos seus amigos e familiares, sexa a persoa con discapacidade a mais activa e promotora da actividade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Adquirir unha embarcación adaptada e accesible e mais ecolóxica, para mellorar os servizos do programa "Un Mar Para Todos " cuxos obxectivos son:
Que as persoas con discapacidade participen en todo tipo de actividades náuticas, tanto lúdicas como deportivas, promovendo actitudes positivas e desenvolvendo hábitos de participación e de respecto tanto co regulamento como cos compañeiros e rivais.
Que a través desas actividades mellore a súa autoestima, a súa inclusión social, a súa autonomía e a calidade de vida en xeral.
A promoción do turismo náutico inclusivo, a cultura e o patrimonio marítimo.
Participación nas diferentes actividades mais de 200 persoas con discapacidade en igualdade de oportunidades
As actividades a desenvolver no proxecto son:
Formación: No manexo de embarcacións lixeiras a motor e vela.
Deportiva: Entrenamentos, organización e participación en competicións náuticas(Vela adaptada, Motonáutica e Pesca deportiva.
Lecer Náutico: Organización de xornadas náuticas inclusivas, nas que as persoas con discapacidade e o seu entorno (familia e amigos) poidan coñecer e disfrutar do noso patrimonio marítimo, costeiro e museístico.
Información e concienciación: sobre a importancia da conservación dos espazos naturais e patrimonio.
As actividades, van dirixidas ao colectivo de persoas con discapacidade, as súas familias amigos e persoas voluntarias que traballen ou colaboren co colectivo.
Obxectivo estratéxico 4. Cultura & Benestar
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.1.Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

