Viernes, 25 de Octubre de 2024 - 02:10

Dende o GALP A Mariña-Ortegal temos o placer de convidarvos ao terceiro dos seis parladoiros que o GALP A Mariña- Ortegal levará a cabo no territorio no presente ano 2024.
A xornada terá lugar en Valdoviño, o vindeiro Mércores 30 de Outubro de 18:30-20:30, no Océano Surf Museo.
A temática está enfocada ó turismo sostible e como pode converterse nunha proposta de diversificación na economía azul. O crecemento económico do territorio e o desenvolvemento da economía azul, está ligado a un modelo de turismo sostible e de calidade, relacionado mar e co sector pesqueiro. Neste contexto, a existencia do Xeoparque de Cabo Ortegal ou o turismo mariñeiro, cobran forza na contorna, como alternativa á diversificación do sector.
A xornada estará estruturada do seguinte xeito:
- Presentación xeral da estratexia do GALP A Mariña-Ortegal e o programa de axudas FEMPA 2021-2027.
- Espazo de networking donde se compartan experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de proxectos innovadores, ligados ao desenvolvemento sostible.
- Espazo participativo, no que se fomente e apoie o xurdimento de iniciativas empresariais e sociais, a creatividade de proxectos e oportunidades de negocio, empregando o FEMPA como unha ferramenta de apoio/financiamento para o desenvolvemento local participativo.
- Degustación de produto mariñeiro.
Aforo limitado. Previa inscripción en https://forms.gle/eErvxSPf8L6CwT5d9


