O proxecto consiste na realización dun circuito escolar de títeres. O obxectivo principal do proxecto consiste en promover, dun xeito lúdico e participativo, a cultura e tradición marítimo-pesqueira, a sostenibilidade medioambiental e a alimentación saudable entre os escolares do territorio do GALP A Mariña-Ortegal. Daranse a coñecer estes valores entre a poboación infantil, favorecendo así a súa posta en práctica, a súa preservación e transmisión ás xeneracións futuras.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Promocionar a cultura e a tradición marítimo-pesqueira da zona xeográfica definida polo GALP A Mariña-Ortegal.
- Destacar a importancia da sostenibilidade medioambiental e o coidado do medio ambiente marítimo para a preservación dos recursos naturais e paisaxísticos, destacando o valor e a beleza deses recursos e entornos naturais.
- Dar a coñecer entre os mais novos a grande oportunidade que supoñen os recursos pesqueiros para unha alimentación completa, saudable e de proximidade. A importancia da cultura gastronómica que, ao longo de xeracións, se ten desenvolvido en torno aos productos do mar .
 E transversalmente:
 - Promover valores de igualdade ao presentar figuras femininas emprendedoras e masculinas corresponsables dos traballos domésticos e de coidados.
 - Amosar unha visión inclusiva e normalizada da diversidade, e de colectivos presentes no ámbito pesqueiro e tradicionalmente obxecto de diferenciación ou discriminación, como o colectivo inmigrante.
Os principais resultados agardados, en liña cos obxectivos propostos, consisten en:
 - Difusión e promoción da cultura pesqueira e mariñeira nos centros educativos do territorio do GALP; 
 - Destacar ante os escolares a grande importancia dos recursos pesqueiros, culturais e paisaxísticos da zona, así como do interés e da necesidade de xestionalos de xeito sostible para a súa preservación
- Fomento da alimentación sana e nutricionalmente completa a través do consumo de productos pesqueiros e de acuicultura de proximidade, destacando os existentes no territorio.
Ao dar a coñecer estes valores entre a poboación infantil, espérase favorecer a súa posta en práctica, a súa preservación e transmisión ás xeneracións futuras, mellorar o relevo xeneracional das actividades pesqueiras e que teña continuididade unha alimentación e cultura gastronómicas sostibles e baseadas na calidade e proximidade.
A actividade a realizar consistirá nun circuito teatral no que se exhibirá unha obra de títeres creada pola compañía Mircromina Teatro de Títeres, con sede en Mondoñedo (Lugo), creada específicamente por encargo da Asociación Cultural Tanque de Zinc para este proxecto. O circuito levarase a cabo en todos os centros de Educación Infantil e Primaria situados nos Concellos do territorio abarcado polo GALP A Mariña Ortegal:
As citadas actividades terán lugar en cada centro educativo, a razón dun pase en cada un deles, en horario lectivo. Realizaranse un total de 27 pases.
       
OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


