Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Novo audiovisual da serie Mulleres mariñas do Golfo Ártabro Norte

 

O GALP Golfo Ártabro Norte presenta unha nova entrega da serie audiovisual Mulleres mariñas do Golfo Ártabro Norte, unha iniciativa incluída dentro das actividades de animación e divulgación previstas para 2026, coa que buscamos dar visibilidade ás mulleres que desenvolven a súa actividade profesional vinculada ao mar.

Nesta ocasión desprazámonos ata Miño para coñecer a Carmiña e Begoña, mariscadoras da Confraría de Miño, que nos achegan á realidade do marisqueo a pé e ao importante labor que realizan no coidado e seguimento dos recursos mariños.

Ao longo do audiovisual descubrimos un oficio que vai moito máis alá da extracción, no que tarefas como a sementeira, a limpeza dos areais ou a vixilancia do recurso forman parte do traballo diario. A través dos seus testemuños coñecemos tamén como a organización do traballo en función das mareas permite compatibilizar a actividade profesional coa vida familiar.

Con esta nova peza continuamos poñendo en valor o papel das mulleres do mar e contribuíndo á difusión da cultura mariñeira e das actividades que forman parte da identidade das nosas comunidades costeiras.

▶️ Xa podes ver o vídeo completo no noso canal de YouTube.