Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Cómo presentar proyectos

Orde de convocatoria de axudas 2023

Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PE155A)

Modelos para a presentación de proxectos (FEMPA)

Pode consultar dentro da sección de documentación o apartado de presentación de proxectos nesta mesma web.

Obxectivos

Os proxectos e as actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos indicados a continuación:

a) Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.

b) Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.

d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Información do procedemento na sede electrónica

Pode realizar o procedemento na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Requisitos de valoración

Para coñecer os requisitos que esixen os proxectos, pode consultar as EDLP de cada GALP

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "A Mariña-Ortegal"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Norte"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Costa da Morte"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Ría de Arousa"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Ría de Pontevedra"

EDLP Grupo de Acción Local del Sector Pesqueiro "Ría de Vigo-A Guarda"