
Na procura de cooperación e unión de sinerxías co canle da restauración e hostalería implántase unha cociña onde abordar a búsqueda de novos pratos ou produtos a partir de materia prima galega e da Ría de Arousa.
E implantarase un novo local para fortalecer as sinerxías do sector primario coa comercialización e distribución de produtos. Así mesmo coa planta de degustación enfocarase tamén a exaltación ou degustación dos produtos galegos comercializados.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A mellora da competitividade do sector a través do aumento de valor engadido de pescado e mariscos principalmente orixinario da lonxa do porto de Ribeira e a creación de emprego de mocidade. Por outra banda coa instalación da cociña degustación inténtase a integración e a cooperación na procura de novos produtos intimamente ligado coa restauración e hostalería local.
Coa implantación do local foméntase a consolidación e ampliación da planta de procesado no local mellorándose as esixencias sanitarias.
Coa incorporación do novo equipamento foméntase tanto a comercialización como a exaltación de especies infravaloradas; tamén coa incorporación da sala de degustación se potencia as sinerxías e cooperación coa canle de hostalería e restauración.
Coas instalacións tanto de cocción como de arrefriado procúrase novos produtos rematados de valor engadido como ovas de ourizo conxeadas, navalla conxeada con golpe de vapor, etc.
Cabe destacar que o proxecto contribúe coa creación dun novo posto de emprego feminino a tempo completo.
-
A implantación dun local e ampliación da planta de procesado no local mellorándose as esixencias sanitarias
-
A incorporación do novo equipamento e dunha sala de degustación
-
A instalación dunha cociña con áreas de cocción e arrefriado
-
A creación dun novo posto de emprego feminino a tempo completo
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, a través do valor engadido dos productos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)