
O proxecto CATA&ROSE consiste na edificación dun novo establecemento hostaleiro rural de 2 estrelas, dotado de 8 cuartos para estancias turísticas, zonas comúns e xardín con horta e instalacións de descanso. Trátase dun modelo de turismo de experiencias, onde o foco está posto na divulgación e a salvagarda das tradicións, facendo partícipe en todo momento ao visitante do patrimonio da zona. Pero esta nova proposta permitirá a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, creando valor para os recursos locais e contribuíndo á desestacionalización das visitas á zona do Salnés. Adicionalmente, resulta prioritario o enfoque de accesibilidade e inclusividade, de xeito que se faga partícipe desta oferta turística a colectivos de persoas con discapacidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
CATA&ROSE é un novo establecemento turístico que promove unha proposta turística novidosa para a zona de O Grove que, atendendo a un enfoque innovador, creativo, familiar e inclusivo, contribúa á diversificación das actividades pesqueiras da zona cara ao turismo.
Ofrecer alternativas de emprego no sector terciario para o persoal procedente do sector do mar
Valorizar o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar de O Grove
Captar novos públicos cun enfoque familiar, creativo e inclusivo
Aumentar paulatinamente as iniciativas que supoñan a valorización dos produtos pesqueiros e patrimoniais como referentes para a actividade turística.
Diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades de turismo, xunto con iniciativas promovidas dende o sector turístico para valorizar as producións pesqueiras.
Creación de emprego no sector turístico, prestando unha atención especial á contratación de mulleres e persoas novas.
Mellora das capacidades dos traballadores do sector turístico, promovendo a formación en idiomas e en atención ao público (especialmente o discapacitado).
O proxecto CATA&ROSE consiste na edificación dun novo establecemento hostaleiro rural de 2 estrelas no lugar da Gandariña, en O Grove, dotado de 8 cuartos para estancias turísticas, zonas comúns e xardín con horta e instalacións de descanso.
Trátase dunha edificación en dous volumes rectangulares e soto, planta principal e baixo cuberta, conectados entre si pola zona de recepción e os espazos comúns (cociña, comedor, zona de estar...).
A edificación está construída a dous augas con cuberta en lousa negra e exterior de pedra do país, ocos de fiestras con vistas ao mar para permitir aos visitantes desfrutar das vistas á ría e do estupendo solpor desa zona da península. A cuberta prevista será con vigas á vista procedentes das explotacións de acuicultura da zona (bateas).
A zona común (salón) está dotada dunha cheminea central para facer máis acolledor o espazo, e a decoración xenérica será sobria e con materiais nobres e sostibles.
A cociña do establecemento, que está deseñada como centro de actividades (obradoiros de gastronomía, elaboración artesanal...) estará inspirada nas cociñas tradicionais galegas dos nosos ancestros, e estará sempre a disposición dos hóspedes
O edificio é totalmente accesible, e de feito desde o aparcadoiro hai unha rampla de acceso á recepción. Os baños están adaptados para persoas con problemas de mobilidade.
Un dos 8 cuartos está deseñado para grupos familiares, con dotación especialmente orientada para nenos (baños adaptados para pequenos, espazos máis amplos, maior número de camas...)
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego
OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.2
Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)