
Pretende mellorar a imaxe das actividades marítimas locais a través do intercambio de experiencias interxeracionais,así como empoderar a gobernanza social: dar a coñecer a historia e orixes da Cofradia do Grove,a dependencia socio-económica do sector ao longo dos anos, a posta en valor do papel da muller na cofradía do Grove e a importancia de potenciar e reforzar iniciativas para a transformación dixital,ecolóxica e sostible, coa adquisición de diversos investimentos e a elaboración de diverso material visual e impreso,que servirá de dinamizador da zona pesqueira poñendo en valor os recursos pesqueiros existentes,e que ao mesmo tempo pretenden concienciar á poboación do dano de algunhas actuacións no medio mariño.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Posta en valor dos recursos pesqueiros e das actividades produtivas.
2. Dar visibilidade ao papel da muller dentro do sector pesqueiro e marisqueiro ao longo da historia.
3. Transformación dixital do sector, coa adquisición de equipamentos que afectan directamente ao sector pesqueiro e marisqueiro.
4. Conservar e poñer en valor o patrimonio cultural material e inmaterial da Cofradía do Grove.
5. Potenciar iniciativas que contribuían a sostibilidade ambiental e mitigación do cambio climático e os seus efectos, a través da redución de emisións de carbono no sector e na cadea vertical da pesca.
6. Creación de experiencias de turismo mariñeiro que poñan en valor o medio mariño e os seus recursos, e que impliquen a integración social de persoas invidentes
- Posta en valor dos recursos pesqueiros e marisqueiros, así como as actividades pesqueiras e marisqueiras.
- Potenciar e reforzar a transformación dixital, a transformación ecolóxica (mediante o uso de enerxias mais ecolóxicas ) e a sostibilidade ambiental con accións de sensibilización sobre o impacto dos residuos no medio mariño.
- Crear experiencias de turismo que poñan en valor o medio mariño, os recursos pesqueiros e o medioambiente mariño.
- Posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial.
- Sensibilización e posta en valor do papel da muller no mundo do mar.
- Integración social do colectivo de discapacidade visual, de modo que coa introdución de novas ferramentas poidan coñecer mais sobre o medio mariño e as actividades pesqueiras e marisqueiras.
- Intentar conseguir que a mocidade atope nas actividades pesqueiras e marisqueiras, unha portunidade laboral atractiva, que contricúa á fixación da poboación nas zonas costeiras.
- Realización de software para os puntos de pesaxe da sala de bivalvos.
- Adquisición de furgoneta isotermo con etiqueta ECO, para poder realizar labores de vixilancia, control e supervisión das actividades marítimas, e ao mesmo tempo reducir as emisións de carbono, como medida para combatir o cambio climático.
- Curso sobre os beneficios do consumo e características nutricionais dos produtos do mar, para fomentar o consumo dos produtos do mar ao relacionalos cun valor nutritivo e calidade como alimento excelentes, e ao mesmo tempo, poñer en valor produtos pesqueiros infravalorados
- Realización de vídeo explicativo sobre os orixes da Cofradía de pescadores do Grove, e como a gobernanza marítima ao longo dos anos mellorou a calidade de vida das persoas, mediante o desenrolo sostible no ámbito marítimo, incidindo e dandolle visibilidade ao papel da muller nas actividades pesqueiras, e a importancia de persevar os recursos mariños.
- Confección de libros nos que se pretende culturizar a opinión pública sobre o papel das cofradías como sectores estratéxicos na economía, como evolucionou a profesionalización do sector e servan de ferramenta para animar a mocidade a continuar exercendo actividades pesqueiras e marisqueiras, é dicir, que servan como escaparate para que se vexa ao sector do mar, como unha oportunidade laboral atractiva.
- Realización de exposición,ciclo de conferencias e charlas nos colexios, co fin de dinamizar a zona pesqueira e por en valor os recursos pesqueiros existentes. Na exposición porase en valor a actividade productiva da entidade, e a importancia do papel da muller ao longo da historia da entidade.
-Realización dun curso de cestería mariñeira, co fin de manter vivo o patrimonio cultural e a cultura tradicional mariñeira.
Reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro, do marisqueo e da acuicultura como sector estratéxico da economía e da Ría de Arousa.
Accións que reforcen o papel das confrarías como entidades de economía social e que promovan un sector máis igualitario.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

