O proxecto consistirá na creación dunha empresa, Oceanic Arousa Tours, dedicada ao turismo mariñeiro coa creación de rutas marítimas que intenten explotar este nicho de mercado non explotado ata o de agora, na zona de Arousa Norte. En principio, a base do proxecto, estará no porto de Cabo da Cruz (Boiro) e consistirá nunha embarcación de 8,40 metros con capacidade para poder transportar a 12 pasaxeiros máis 2 tripulantes.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Un dos obxectivos fundamentais do FEMP e a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima, pois neste senso Oceanic Arousa Tours nace coa idea de explotar un nicho de mercado pouco explotado na zona de Arousa Norte, como é o turismo mariñeiro, complementario do sector do mar e ao mesmo tempo diversificando a oferta empresarial da zona.
Ca posta en marca do proxecto, conseguiremos dar a coñecer, e ao mesmo tempo valorar e respectar o mar e sobre todo o labor da xente do mar. O proxecto, que se visibiliza na embarcación que se vai construír, busca por enriba de todo a cohabitación e cooperación co sector do mar da zona. Busca ensinar todos os procesos relacionados co mar que podamos abarcar, centrándonos pincipalmente na acuicultura e na pesca tradicional, sen olvidar os sectores emparentados, como poden ser asteleiros, constructores de bateas, lonxas, depuradoras, etc....
A. Creación de rutas mariñeiras, principalmente 4: Ruta do mexilón, Ruta do marisqueo, Ruta da pesca artesanal, Ruta dos Asteleiros e estase a traballar nunha nova ruta encamiñada ao turismo cultural e etnográfico por mar.
B. Ofrecer servizos de aluguer da embarcación con patrón.
C. Nun futuro próximo a entidade diversificará a súa oferta co fin de ampliar o seu período de traballo cara ao turismo desestacionalizado, coa creación de rutas específicas de primaveira e outono, buscando unha dependencia menor da embarcación. Sería a ruta dos asteleiros, que se podería ampliar a conserveiras.
4/ Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e da acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
Sociocultural
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)