
Esta proposta busca transformar unha vella fábrica de conservas agora convertida en salón de exposicións, nun espazo de aprendizaxe e conexión comunitaria, onde as actividades infantís de conciliación se volvan na ferramenta clave para difundir, visibilizar e abordar temas críticos relacionados co sector marítimo pesqueiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomentar o benestar social, e do patrimonio cultural da zona de Cambados, conseguir que os nenos de Cambados teñan unha identidade propia vinculada a cultura e o patrimonio marítimo pesqueiro.
Mellorar a vida da poboación gracias a facilidade de conciliación.
Educación e Conciencia.
Promoción do Patrimonio Cultural.
Servizo de Conciliación.
Favorecer o relevo xeracional.
Educación sobre Implementación dun programa innovador.
Sensibilización sobre a pesca sostible: Esperamos que os nenos comprendan a importancia de preservar os recursos mariños para as comunidades pesqueiras e a saúde dos ecosistemas mariños.
Valorización dos recursos e produtos do mar grazas ao talleres de cociña, e ensinar novos alimentos e formas de alimentarse as crianzas.
Conciencia sobre a conservación do medio ambiente mariño: Buscamos despertar nos nenos unha profunda conciencia ambiental, ensinándolles sobre a biodiversidade mariña e as accións para protexer os océanos.
Interese por carreiras no sector mariño-pesqueiro: Queremos inspirar aos nenos para explorar oportunidades profesionais neste campo, contribuíndo á conservación dos recursos mariños.
Desenvolvemento de habilidades sociais e creativas: Buscamos fomentar o traballo en equipo, a comunicación e a creatividade nos nenos, preparándoos para a vida adulta.
Valoración do patrimonio cultural mariño: Queremos que os nenos aprecien a rica historia mariña da nosa comunidad
As actividades que se levarán a cabo terán como grupo destinatario a nenos do concello de Cambados de 3 a 12 anos de idade. Que serán o xerme do futuro e polo tanto onde deben incidir os esforzos para a posta en valor da cultura do mar, xa que o acceso a estos contidos a idades temperas garantizan unha máis profunda conexión con mundo do mar, coa cultura mariñeira asi como ver que os recursos mariños poden ser un claro futuro laboral, sempre que se aborde con profesionalización.
Entre os tipos de actividade atopamos:
Talleres: actividades deseñadas para ensinar aos nenos sobre a importancia, o funcionamento e os desafíos relacionados coa pesca e a vida mariña.
Actividades e xogos vinculados co mar: xogos e actividades destinados a educar e concienciar aos máis pequenos no sector marítimo-pesqueiro mediante recursos lúdicos. Podendo abarcar unha amplia gama de temas dende a biodiversidade mariña, a sostibilidade na pesca, a conservación do medio ambiente mariño, a seguridade no mar...
Conseguir que a Ría de ARousa teña unhaidentidade propia vinculada ao patrimonio cultural marítimo-pequeiro
Actuacións enfocadas á recuperación e á conservación do patrimonio material e inmaterial da zona pesqueira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

