O proxecto consiste na grabación dun documental que recolla a vinculación da figura de Cristobal Colón coa Ría de Pontevedra.
A figura do navegante Cristobal Colón a nivel internacional fai que este documental supoña unha aposta pola conservación do patrimonio material e inmaterial dentro da tradición pesqueira tan presente na ria de Pontevedra. Gracias a posta en marcha deste proxecto conseguirase un aumento polo interese do mundo mariñeiro, a conservación do patrimonio e do medio mariño e as actividades que desenvolven os profesio-nais do sector do mar. Polo tanto, representa unha alta relevancia para a zona pesqueira na que contribuirá á promoción do patrimonio cultural marítimo – pesqueiro a partir da dixitalización dos coñecementos das historias do mar e a comunicación sobre o patrimonio costeiro mediante o uso das novas tecnoloxías.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral deste proxecto é a realización dun documental de posta en valor da cultura material e inmaterial na contorna da Ría de Pontevedra expli-cando a Teoría da orixe galega de Cristobal Colón a traveso da toponimia da Ria de Pontevedra (Illa de Tambo,Illa de Ons, Illa dos Ratos, Punta Moa, etc, Así como de documentación e testimonios de histo-riadores e persoeiros vinculados a Ría de Ponteve-dra e o seu Patrimonio. Dito documental quere por en valor o patrimonio material, dando a coñecer di-tos lugares de forma visual e a transmisión dos coñecementos vinculados a dito patrimonio como un legado vinculados a teoría do Colón Galego. Ademais do dito anteriormente, o documental e as súas imaxes emblemáticas e innovadoras promocio-narán a contorna da ría como destino turístico, dende unha nova perspectiva vinculada a orixe de Colón e tamén axudarán na concienciación ambien-tal da poboación para a conservación do patrimonio da ria de Pontevedra.
O resultado principal do proxecto será a recompila-ción do patrimonio marítimo vinculado a teoría da Orixe de Cristobal Colón Galego. A proxección do documental en diferentes platafor-mas e actos (plataformas online como Vimeo, Youtube, presentación en festivais internacionais, televisión...), promocionará a ría de Pontevedra como destino turístico.
O proxecto permitirá a transferencia do coñece-mento de dita teoría e mostrará o patrimonio natural a través dun documental que lle permite ao Concello de Pontevedra vincular a sua ria a figura do nave-gante mais importante da Historia Cristóbal Colón.
Isto se conseguirá a través dos seguintes resultados tanxibles:
- Documental sobre a pesca na ría de Pontevedra.
- Elaboración dunha páxina web e actividades de promoción do documental.
O proxecto ten unha duración de 2 meses divididos en tres partes: Preprodución, gravación e postprodución.
1. Prepoducción se realizarán traballos de recompilación de información, localizacións, produción e elaboración do Guión.
2. Gravación se realizarán os traballos propios da gravación das entrevistas e imaxes de recurso do Documental.
3. Postprodución: se fará un traballo de Edición das imaxes e se fará unha Postprodución das mesmas incluído o son. Autoría, deseño e copias de DVDs. Elaboración da Páxina web e promoción do Documental.
O proxecto posee un alto grao de contribución co FEMP, xa que está orientado a posta en valor do pa-trimonio material e inmaterial, natural e paisaxis-tico,da Ría de Pontevedra. Dado que o obxectivo xeral do proxecto é a transfe-rencia e a posta en valor do patrimonio (material e inmaterial) da ría de Pontevedra, o grao de contribu-ción cos obxectivos do FEMP e o encaixe coa EDLP do GALP ría de Pontevedra é alto.
Promoción da cultura e tradición da pesca na Ría de Pontevedra.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)