A empresa Sirvopeixe xestiona unha peixería no Centro Comercial A Barca (Poio). O proxecto consiste na instalación dunha mini cetarea para crustáceos con unha capacidade 150/200 quilos de produto e 1500 litros de auga, composta de unha unidade frigorífica para acondicionamento de auga de mar, unha bomba impulsora para a re circulación da auga, un sistema triplo de filtración de residuos, un extractor de espumas e ureas e un cadro eléctrico, xa que na actualidade dispoñemos de un viveiro convencional de 200 litros de auga sen filtración e capacidade de 30/40 de produto, polo que a mortaldade de marisco que temos na actualidade elevada repercutindo así no beneficio da empresa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificar o negocio, aumentar as especies a comercializar e mellorar as condicións do produto no momento da súa venta.
Como resultado de diversificación do negocio e o aumento das especies a comercializar a oferta ampliase, ábrese o abanico de especies que comercializamos e a posibilidade de chegar a outro tipo de mercado que cada dia se esta a demandar que e o de produtos exclusivos do tipo Gourmet e así acceder a outro tipo de cliente que e o de nivel medio-alto.
- Adquisición do minicetárea.
- Posta en marcha da instalación.
Este proxecto, contribúe a EDLP, potenciando a pesca sostible, evitando a mortaldade do marisco e así non ter que tirar o marisco que se vende no dia polo cal repercute no mellor aproveitamento dos recursos, e aumentando a rendibilidade do produto, concienciando as persoas de que temos que optimizar as capturas para así non ter que tirar coa nosa pesca ou ter que liquidala, vendéndoa a prezos inferiores os prezos de coste o cal repercutiría na rendibilidade.
Fomento de la certificación y comercialización de productos pesquero y acuícolas.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

