Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación en Marín do proxecto de cooperación CANDIEIRA

O GALP Ría de Pontevedra organizou en Marín a xornada de presentación do proxecto Candieira.

Candieira é un proxecto de cooperación e traballo en rede, que aglutina aos GALP da Ría de Pontevedra, do Golfo Ártabro Norte, da Costa da Morte, da Ría de Muros-Noia, da Ría de Arousa e da Ría de Vigo-A Guarda, nun exercicio de cooperación laboral entre os 56 municipios costeiros que conforman estes GALP, e que van desde A Guarda ata Narón.

As actividades do proxecto están botando a andar nos diferentes territorios comenzando polos contactos locais cos axentes do territorio que traballan en temas de igualdade, promoción económica, ....

Está prevista a celebración dos encontros locais en cada un dos territorios ao longo do mes de xullo.