Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución definitiva de concesión de axudas do GALP Ría de Pontevedra

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, en xuntanza celebrada o día 14 de outubro para revisar as alegacións e incidencias xurdidas sobre a proposta de aprobación do 3 de outubro,
(xuntase certificación de acordos e declaracións de ausencia de conflito de interese), vista a proposta de resolución do equipo técnico do GALP, as alegacións formuladas por Fernando
Ruano Aguín con data 7 de outubro de 2019 no período de exposición ao público da proposta de resolución provisional previsto no artigo 24.3 da Orde pola que se establecen as bases
reguladoras das axudas, e de conformidade coas disposición da mesma ecos criterios establecidos na EDLP, ACORDA:
1. Aprobar a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA
a) De concesión de axudas que figura no Anexo I, por orde descendente de puntuación dos proxectos. Xúntase a valoración individualizada das condicións de selección de cada
proxecto.

b) De desestimación das axudas ás solicitudes que se indican no Anexo II, polos motivos que figuran nela.

2. Elevar a presente proposta de resolución definitiva á Consellería do Mar acompañada dunha proposta individualizada coas condicións da selección de cada proxecto, como órgano
competente, por delegación, para a resolución da concesión das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP aprobadas pola Consellería aos GALP.
 

3. Publicar a presente proposta de resolución definitiva coa avaliación e baremación efectuadas no taboleiro de anuncios do GALP, así como na páxina web http://mar.xunta.gal, coa
advertencia de que esta non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Marín a 15 de outubro de 2019
Visto e prace,
A presidenta do GALP,

Asdo. María del Carmen Vázquez Nores

A secretaria do GALP,
 Asdo. Consuelo Besada Lore

 Anexos

Fichas de avaliación

 

A presente proposta de resolución definitiva  publicada no taboleiro de anuncios do GALP, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.