
Realización de actividades náuticas para as que se precisa da adquisición dos seguntes equipamentos:
- 1 Vehículo etiqueta cero emisións de 9 prazas adaptado con rampa para as sillas de rodas con capacidade de remolcar un remolque con 12 kayaks e os complementos necesarios para o roteiro en kayak.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os obxetivos deste proxecto son:
- Dar a coñecer a actividade pesqueira da nosa ría, as diferentes artes de pesca e en que consiste cada unha
- Fomentar un estilo de vida saudable co consumo do producto costeiro artesanal para manter unha dieta equilibrada e coa realización de practicas deportivas como é o piragüismo, a actividade principal da nosa asociación, eliminar calquer tipo de discriminación para que poidan ter acceso a calquera actividade as persoas que sofren dalgún tipo de discapacidade.
- Dar a coñecer a gran problemática mediambiental de todos os residuos que acaban no mar e nas praias e concienciar sobre a importancia da conservación do medio ambiente, así como reducir as emisións nos traslados para as atividades grazas a que esta furgoneta conta coa etiqueta 0 emisións.
- Aproveitar os recursos naturais da Ría de Pontevedra dando a coñecer o patrimonio natural e cultural da zona
- Diversificar a oferta turística mariñeira desestacionalizada
- Poñer en valor o producto pesqueiro artesanal e que se incremente o seu consumo
- Poñer en valor o patrimonio natural e cultural do noso territorio como a contorna costeira
- Poñer en valor a labor pesqueira, marisqueira e acuícola e as diferentes artes de pesca
- Que os usuarios se leven unha agradable sensación con respecto a actividade como deporte
- Ofrecer actividades relacionadas co sector pesqueiro desestacionalizadas
- Concienciación da importancia da conservación do medio ambiente
- Reducir emisións no transporte
- Promover hábitos saudables
- Dar a coñecer a actividade pesqueira
- Mellorar a oferta de turismo-mariñeiro na zona e amosar que poden coexistir actividades turísticas coa labor pesqueira e a conservación do medio mariño, vinculando a actividade turística coa esencia do pobo mariñeiro e incrementar a visibilidade das actividades náuticas costeiras
- Realizar tarefa de inclusión social
Olladas mariñeiras sen límites está composta por catro rutas en kayak, que detallamos a continuación e que se realizarán de maio a outubro (meses nos que as condicións meteorolóxicas poden permitir a realización da actividade), e por actuacións de limpeza de praias durantes os mesmos meses:
1. Ruta da Area (Areas-A Seca Poio, para observar as mariscadoras durante a súa labor de recolección de ameixa e berberecho). Distancia aproximada 16km.
2. Ruta da Navalla (Areas- Illa de Tambo, para observar nas diversas zonas de explotación o traballo dos mergulladores que se dedican á extracción da navalla). Distancia aproximada 12-16km.
3. Ruta da Pedra (Portonovo-Punta Faxilda, para observar o traballo das embarcacións de pesca de baixura usando artes como miños, betas, nasas, etc.). Distancia aproximada 10-16km.
4. Ruta do Mexilón (Areas- Zona das Bateas a altura de Raxó e Combarro, para observas as bateas e os barcos que levan as labores de mantemento, selección e extracción do mexillón). Distancia aproximada 8-10km
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Aproveitamento do patrimonio natural e cultural
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

