Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RONSEL

Este proxecto é unha iniciativa que pretende celebrarse todos os anos e buscará contar a historia de veciños e veciñas de idade avanzada que faga un resumo da súa relación co mar a través dun vídeo e dun catálogo fotográfico que conteña as dúas historias destas persoas contada a través do vídeo e das imaxes, e que terá tamén como un acto principal unha homenaxe pública nunha Gala que pechará a Semana da Cultura Mariñeira.

Para esta primeira edición , deciduse optar porque foran dous homes os protagonistas, que se titulará “O ronsel de Manolo Aldao e Manolo Purro”, dúas historias que terán de nexo un bote polbeiro.

Terá vital importancia o material que se xenera con esta iniciativa para dotar de contidos ao estaleiro da Banda do Río que se musealizará neste ano trala súa recente rehabilitación, polo que as persoas da vila de todas as idades e as que visiten Bueu terán unha referencia física no catálogo e no documental que se vai editar este ano para a través del achegarse ao estaleiro.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 218
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Bueu
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1 (2021)
Data fin de execución: 
14/09/2021
Ámbito de aplicación: 

Bueu

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
37.929,90 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
37.929,90 €
Total axuda pública aprobada (€): 
30.343,92 €
% Subvención: 
80%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
25.792,33 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
4.551,59 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como obxectivo poñer en valor e difundir o patrimonio material e inmaterial marítimo local.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mellora do patrimonio cultural do municipio, e mellora da calidade de vida dos veciños e o atractivo para un turismo sostible e de calidade.
  • A elaboración dos documentais audiovisuais permitirá a transmisión de técnicas de construción tradicional das embarcacións e do saber facer das antigas xeración, o que levará á conservación deste patrimonio inmaterial.
Principais actividades do proxecto: 
  • Realización de 2 documentais audiovisuais, baixo o título de “O ronsel de.....”. Cada un destes inclúe:

- Fase de documentación

- Creación do guión

- Preprodución

- Rodaxe

- Montaxe e postprodución

  • Catálogo fotográfico, de 40 páxinas, que conteña as dúas historias destas persoas contada a través do video e das imaxes,.Núm. Unidades 1000, que incluirá ademais un USB cos vídeos. Este catálogo dará a coñecer a historia dos dous protagonistas contada tanto a  través deles como por medio dalgunhas figuras que aparecerán ademais de nas fotografías no documental que se gravará e ira anexo.
  • Gala homenaxe a Manuel Purro e Manuel Aldao. Esta gala desenvolverase dentro da Semana Cultural Mariñeira e na que se presentarán os vídeos baixo o título “O ronsel de...”.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Protexer e poñer en valor o patrimonio cultural como recurso emblemático na Ría de Pontevedra, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.Protexer o patrimonio cultural, mellorando a súa identificación e documentación e poñendo en valor os recursos identificados, coa finalidade de reforzar a identidade territorial e o valor da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)